Título node Learning object
Co gallo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o Plan Anual de Formación do Profesorado oferta unha xornada de formación co título "Prevención da violencia de xénero desde a escola. Curso 2019-2020". Esta actividade ten os seguintes obxectivos: 1) Identificar estratexias e instrumentos que colaboren na detección de situacións de violencia de xénero; 2) Compartir actuacións e boas prácticas que favorezan a prevención; e 3) Coñecer os protocolos de actuación ante situacións de violencia de xénero. Pódese consultar toda a información sobre a actividade en FPROFE.
Código e título: G1902002 Prevención da violencia de xénero desde a escola. Curso 2019-2020
Data: sábado 23 de novembro de 2019
Lugar: EGAP (Santiago de Compostela)
Duración: 8 h (presenciais)
Horario: xornada de mañá e tarde
Pódese consultar toda a oferta formativa relacionada coa igualdade na seguinte ligazón.