Alumnado de 50 centros educativos galegos mellorará durante 2 cursos as súas competencias dixitais a través de Digicraft

A conselleira e a directora da Amtega participaron na presentación desta iniciativa, desenvolvida en colaboración coa Fundación Vodafone

Carmen Pomar defendeu o uso “seguro e crítico” da tecnoloxía nas aulas e a necesidade de incorporar contido humanístico para fomentar a comunicación, a capacidade lingüística, o espírito emprendedor, o traballo en equipo e a toma de decisións

Mar Pereira enmarcou esta iniciativa no Plan de Promoción do Talento Dixital para fomentar as vocacións tecnolóxicas entre os máis novos

Mér, 16/10/2019 - 11:53
Alumnado de 50 centros educativos galegos mellorará durante 2 cursos as súas competencias dixitais a través de Digicraft

O alumnado de 50 centros educativos de toda Galicia participará durante dous cursos académicos no proxecto Digicraft, que ten como obxectivo a mellora das competencias dixitais dos máis novos. A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, e a directora da Amtega, Mar Pereira, abordaron esta mañá cos docentes e directores dos colexios participantes esta iniciativa, desenvolvida en colaboración coa Fundación Vodafone España. No acto de apertura participou, tamén, o presidente e CEO de Vodafone España, Antonio Coimbra.

A conselleira de Educación salientou que Galicia é unha das poucas comunidades autónomas que está facendo unha aposta “serie e global” polo uso “seguro e crítico” da tecnoloxía nas aulas desde a etapa de infantil, e sempre “coidando incorporar contido humanístico á revolución tecnolóxica que vivimos”. Nesta liña enmárcase o proxecto Digicraft no teu cole xa que -en palabras da conselleira- “fai unha aproximación diferente que trata de achegar os estudantes ao mundo dixital converténdoos en creadores, non como consumidores”. Así, ademais do reforzo de competencias dixitais nas aulas, esta iniciativa vai permitir tamén “outras como a comunicación, aprender a aprender, desenvolver a iniciativa ou o espírito emprendedor, fomentar o traballo en equipo, a resolución de problemas, a toma de decisións, a capacidade lingüística oral e escrita, o razoamento crítico e a aprendizaxe autónoma”, sinalou Carmen Pomar. 

Pola súa parte a directora da Amtega dixo que esta iniciativa vén complementar a estratexia de Galicia para avanzar na transformación dixital das aulas e na capacitación dixital dos galegos. Neste sentido, lembrou que a día de hoxe a iniciativa Abalar permite que máis de 120.000 rapaces estudan en aulas dixitais e que neste curso 27.000 alumnos están a desenvolver a súa actividade académica nunha contorna exclusivamente dixital.  Mar Pereira destacou tamén a importancia de espertar as vocacións tecnolóxicas entre os máis novos con propostas como o Digicraft, enmarcada no Plan de Promoción do Talento Dixital, DigTalent, ao que está adherido Vodafone e agradeceu que a Fundación Vodafone escollese Galicia como a primeira comunidade na que desenvolver esta iniciativa.

Obxectivos

O proxecto Digicraft no teu cole ten como obxectivo potenciar o desenvolvemento da competencia dixital na infancia e na xuventude, a través dun programa de formación e reforzo das habilidades dixitais e das competencias asociadas do que se beneficiarán máis de 3.800 nenos e nenas de entre 6 e 12 anos. Ao seu abeiro traballaranse nas cinco áreas competenciais que definen a competencia dixital,  en concreto a información e alfabetización informacional, a comunicación e colaboración, a creación de contidos dixitais, a seguridade e a resolución de problemas. Dentro delas abordaranse asuntos como a procura e filtrado de datos, a participación cidadá en liña, a xestión da identidade dixital, os dereitos de autor e licenzas, a programación, a protección de datos persoais e a privacidade ou a identificación de necesidades e respostas tecnolóxicas, entre outros aspectos.

Abordar estas áreas supón, pola súa transversalidade, traballar, ademais da dixital, as competencias en comunicación lingüística, de aprender a aprender o sentido da Iniciativa e espírito emprendedor. Neste sentido, as actividades traballan o traballo en equipo, a resolución de problemas, a toma de decisións, a capacidade de comunicación oral e escrita, o razoamento crítico e a aprendizaxe autónoma, entre outras.

En cada curso académico trabállanse dous itinerarios de 14 horas de duración (un total de 1 h/semana durante 28 semanas lectivas). Estes itinerarios están compostos por unha serie de actividades que van aumentando gradualmente en nivel de dificultade. As actividades combinan o mundo dixital e a tecnoloxía co xogo, o aprender facendo e o desenvolvemento de habilidades motoras.

Cada actividade conta cunha guía didáctica na que se explica que competencias (dixitais e xerais) se traballan, os obxectivos que se queren lograr, o material necesario e os pasos para seguir para realizala. Dado que traballa parte das competencias definidas no currículo de primaria, Digicraft no teu cole pódese impartir tanto en horario lectivo como fóra del.

Formación e equipamento

Uns 100 docentes dos 50 centros seleccionados recibirán formación específica para impartir o programa nas aulas. Ademais, dotarase os colexios de 600 tabletas e 100  kits tecnolóxicos instant dixital skills. Estes kits contan con placas de programación básica axeitadas para nenos,  materiais para visualizar elementos en realidade aumentada de forma sinxela e manexable; pirámides holográficas que permiten a visualización de hologramas e algúns outros materiais tales como barallas de cartas e taboleiros.

Así mesmo facilitaráselles aos centros acceso aos materiais descargables para o desenvolvemento das actividades recollidas no programa.

Centros seleccionados

Os centros seleccionados, que participarán na iniciativa ao longo dos cursos2019/20 e 2020/21, son os reflectidos na seguinte táboa:

Provincia

Concello

Centros

A Coruña

A Baña

CPI de San Vicente

A Coruña

A Coruña

CEE Nuestra Señora de Lourdes

A Coruña

A Coruña

CPR Calasanz

A Coruña

A Coruña

CPR Plurilingüe Karbo

A Coruña

Ames

CEIP de Barouta

A Coruña

Ames

CPR Alca

A Coruña

Bergondo

CPI Cruz do Sar

A Coruña

Betanzos

CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Carmen

A Coruña

Carballo

CEIP Xesús San Luis Romero

A Coruña

Cerceda

CPI Plurilingüe O Cruce

A Coruña

Ferrol

CEIP de Pazos

A Coruña

Ferrol

CPR Tirso de Molina

A Coruña

Melide

CEIP Mestre Pastor Barral

A Coruña

Moeche

CEIP San Ramón

A Coruña

Monfero

CEIP Plurilingüe Virxe da Cela

A Coruña

Oroso

CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés

A Coruña

Porto do Son

CEIP de Campanario

A Coruña

Santiago de Compostela

CEIP Plurilingüe Cardeal Quiroga Palacios

Lugo

Begonte

CEIP Virxe do Corpiño

Lugo

Burela

CEIP Plurilingüe Vista Alegre

Lugo

Cervo

CEIP de Cervo

Lugo

Foz

CEIP Número 1 de Foz

Lugo

Foz

CPR Nuestra Señora del Pilar

Lugo

Lugo

CEIP Rosalía de Castro

Ourense

Cualedro

CEIP Vicente Risco

Ourense

O Barco

CEIP Condesa de Fenosa

Ourense

Ourense

CEIP Plurilingüe  Virxe do Camiño

Ourense

Ourense

CPR Divina Pastora Franciscanas

Ourense

Ourense

CPR Santo Ángel

Ourense

Toén

CEIP Saco e  Arce

Ourense

Vilamartín de Valdeorras

CEIP Xosé Manuel Folla Respino

Pontevedra

A Estrada

CEIP do Foxo

Pontevedra

Baiona

CEIP Fontes

Pontevedra

Caldas de Reis

CPR Plurilingüe La Encarnación

Pontevedra

Caldas de Reis

CPR Plurilingüe San Fermín

Pontevedra

Cambados

CEIP Corvillón

Pontevedra

Lalín

CEIP Manuel Rivero

Pontevedra

Moaña

CEIP de Domaio

Pontevedra

Moaña

CEIP de Quintela Moaña

Pontevedra

Nigrán

CEIP da Cruz

Pontevedra

O Porriño

CEIP Antonio Palacios

Pontevedra

Poio

CEIP Espedregada

Pontevedra

Sanxenxo

CEIP Plurilingüe de Nantes

Pontevedra

Silleda

CEIP Ramón de Valenzuela

Pontevedra

Tomiño

CEIP Plurilingüe de Tebra

Pontevedra

Tui

CEIP Plurilingüe Número 1

Pontevedra

Vigo

CEP Plurilingüe Igrexa-Valadares

Pontevedra

Vila de Cruces

CEIP Nosa Señora da Piedade

Pontevedra

Vilagarcía de Arousa

CEIP O Piñeiriño

Pontevedra

Vilanova de Arousa

CEIP Plurilingüe Xulio Camba