A Consellería de Educación resolve as axudas complementarias do programa universitario de Erasmus
Os beneficiarios foron 1.665 alumnos e alumnas de universidades galegas que participan dentro do programa de mobilidade, entre os que se repartiran 1.117.280 euros
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria vén de conceder as 1.665 axudas para os alumnos e alumnas matriculados nas universidades galegas e que estean a estudar fóra de España dentro do Programa Erasmus ou do Goberno de Suíza, entre os que se repartiran os 1.117.280 euros orzamentados con tal propósito.
Este ano os beneficiarios foron 650 estudantes da Universidade de Santiago de Compostela; 386 da de Coruña; 627 de Vigo; e 2 da UNED. Na relación de países de destino dos receptores das axudas, a maioría deles optaron por irse a Italia, con 472 estudantes; Portugal, con 267; Polonia, con 151; Francia, con 144 e Alemaña, con 141.
A Consellería e consciente da importancia da mobilidade estudantil, no sentido de adquirir, actualizar, completar e ampliar as súas capacidades, coñecementos, habilidades, aptitudes e competencias para o seu desenvolvemento persoal e profesional.
Por iso volveuse a realizar esta convocatoria de axudas de mobilidade universitaria primando a excelencia no rendemento académico que complemente o financiamento das axudas achegadas pola Unión Europea no marco do Programa de aprendizaxe permanente.
Os beneficiarios
As bolsas foron destinadas aos estudantes das universidade públicas galegas ou dos centros asociados da UNED da comunidade que realizan estudos oficiais conducentes a títulos de graduado, licenciado, arquitecto, enxeñeiro, diplomado, mestre, arquitecto técnico e enxeñeiro técnico. Poderán optar aqueles que estean un mínimo de tres meses no país seleccionado.
Como accións complementarias que son cobren un ámbito propio que, nalgúns casos e polas súas propias bases, permiten aumentar a cantidade da axuda que recibe o solicitante por parte do Ministerio.
21 anos de historia
Desde o nacemento destas axudas, hai 21 anos beneficiáronse 10.966 estudantes do Sistema Universitario de Galicia. Pasando do 41 receptores do 1990 ata os 1.665 do presente ano.