Carmen Pomar visita o CEIP Pedro Barrié de la Maza (Sada)
A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, visitou esta mañá o CEIP Pedro Barrié de la Maza, en Sada, un centro que vén de renovar a axuda vinculada á súa participación no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE). Durante o seu percorrido polo centro, Pomar animou o equipo directivo e docente a concorrer á nova convocatoria do Plan Proxecta, que se acaba de publicar. De feito, o pasado curso o CEIP desenvolveu os programas Proxecto Deportivo de Centro. Centros Activos e saudables e Protexe os animais.
A titular do departamento educativo da Xunta de Galicia interesouse, así mesmo polo funcionamento neste colexio dos contratos-programa, dos que o curso pasado desenvolveron as liñas 1, 2 e 3. Neste sentido cómpre lembrar que a primeira liña, de Reforzo, orientación e apoio (PROA), busca mellorar as perspectivas escolares do alumnado con dificultades, a través do traballo ou apoio organizado para a adquisición das destrezas básicas que lle faciliten a incorporación plena ao ritmo de traballo ordinario e ás esixencias das diferentes áreas e materia; mentres que a liña 2 está centrada nas accións para a Mellora das competencias clave, en especial da matemática. A liña 3, de Mellora da convivencia e promoción da igualdade nos centros, inclúe todas aquelas accións que repercutan e interveñan na mellora do clima escolar e das relacións entre os membros da comunidade educativa.
O CEIP Pedro Barrié de la Maza, en colaboración con outros da zona, acaba tamén de empezar a desenvolver o blog Octopus’s Garden, un banco de recursos para as nenas e nenos de Infantil.