Título node Learning object
Está aberto o prazo para solicitar os distintos programas do Plan Proxecta. Neste curso escolar ofértanse os seguintes con contido de igualdade:
- Rapazas emprendedoras nas TIC
Ámbito: ciencia e tecnoloxía
Definición: Promoción do emprendemento entre as alumnas de secundaria a través das tecnoloxía da información e da comunicación
Temporización: curso completo
Alumnado ao que vai dirixido: secundaria
Límite de centros participantes: 15
- De Ítaca a Ávalon
Ámbito: Equidade e igualdade
Definición: DE ÍTACA A ÁVALON: Da igualdade na educación á coeducación para a transformación social e polo dereito a una vida libre de violencias machistas
Temporalización: outubro 2019 – xuño 2020.
Alumnado ao que vai dirixido: alumnado de 1º, 2º da ESO e FP básica
Límite de centros participantes: 3
- Donas de si
Ámbito: igualdade
Definición: visibilización e empoderamento das mulleres como pezas fundamentais do desenvolvemento da sociedade galega
Temporización: curso completo
Alumnado ao que vai dirixido: primaria, ESO, bacharelato, ciclos e adultos
Límite de centros participantes: 50
- Por 365 de respecto e igualdade
Ámbito: igualdade
Definición: prevención da violencia de xénero dentro do ámbito educativo
Temporización: curso completo
Alumnado ao que vai dirixido: ESO, bacharelato, FP e adultos
Límite de centros participantes: 50
- Galicons-net (modalidade de Consumo e xénero)
Ámbito: consumo responsable
Definición: investigación do alumnado a través dunha das modalidades propostas: a) Consumo e xénero, b) Linguaxe publicitaria, c) Comercio electrónico, d) Servizos financeiros, e) Etiquetaxe dos bens e produtos
Temporización: curso completo
Alumnado ao que vai dirixido: 2º ciclo de infantil, primaria, ESO, bacharelato, FP, persoas adultas e educación especial.
Límite de centros participante: sen límite.
- Xente con Don
Ámbito: saúde
Definición: prevención de prácticas sexuais de risco na mocidade e loita contra o estigma e a discriminación das persoas afectadas por infeccións de transmisión sexual
Temporización: curso completo
Alumnado ao que vai dirixido: 3º e 4º da ESO, 1º de bacharelato, ciclos formativos
Límite de centros participantes: 10
- Quérote+
Ámbito: saúde/educación/igualdade
Definición: asesoramento, formación e información en temas de autoestima, educación afectivo-sexual e convivencia nas aulas, nas redes sociais e nos espazos de ocio.
Temporización: curso completo
Alumnado ao que vai dirixido: 3º da ESO/FP Básica
Límite de centros participantes: sen límite
Podedes consultar toda a información relacionada coa convocatoria de Plan Proxecta na seguinte ligazón.