Título node Learning object

Curso de igualdade e violencia de xénero na EGAP
Mar, 24/09/2019 - 16:54
egap

A Escola Galega de Administración Pública acaba de publicar unha nova convocatoria de cursos de igualdade e prevención da violencia de xénero:

  • Básico en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero
  • Formación básica en igualdade de xénero nas administracións públicas
  • Formación básica para a sensibilización e prevención da violencia de xénero
  • Sextingsextorsión, violencia de xénero dixital
  • Atención integral en violencia de xénero
  • Violencia de xénero desde a perspectiva socioasistencial

Pódese consultar toda a información na web da EGAP.As persoas interesadas poderán inscribirse na web da EGAP nun prazo de 8 días contados a partir do 21 de setembro. Pódense formalizar as inscricións na área de matrícula da EGAP.