Título node Learning object

23 de setembro, Día Internacional contra a Explotación Sexual e a Trata de Persoas
Lun, 23/09/2019 - 10:06
trata

O 23 de setembro conmemórase o Día Internacional contra a Explotación Sexual e a Trata de Persoas. A explotación e a trata de persoas con fin de explotación sexual é un dos delictos máis graves que se infrinxen contra os dereitos humanos das persoas, e afectan na práctica totalidade dos casos a mulleres e nenas de todo o mundo. O destino das mulleres que entran neste entramado nutre as redes de prostitución, fundamentalmente nos países occidentais.

Para concienciar contra este réxime de explotación, esta fin de semana terán lugar eventos en distintos concellos galegos (ex. Teo, Vigo).

 

Outra información de interese:

Recursos audiovisuais e bibliográficos relacionados:

  • "El proxeneta. Paso corto, mala leche" (2019). Documental de Mabel Lozano sobre a prostitución e a trata. Tamén se pode consultar da mesma autora o libro "El proxeneta: la historia real sobre el negocio de la prostitución" (2017). Ed. Alrevés.
  • "La prostitución en el corazón del capitalismo" (2017). Ensaio de Rosa Cobo. Ed. Catarata.
  •  "Chicas nuevas 24 horas" (2017). Documental de Mabel Lozano sobre a prostitución e a trata. Inclúe unha exposición e unha app gratuíta e educativa para mozos e mozas de 14 a 18 anos para coñecer esa realidade a través dun xogo (Chichas Nuevas 24 Horas: Happy).
  • "Sands of Silence" (2016). Documental de Chelo Álvarez-Stehle.
  • "Por que algunas cosas no deberían estar en venta. Los límites morales del mercado" (2015). Ensaio de Debra Satz.
  • "Putas a la fuerza: historias reales de secuestradas por proxenetas" (2006). Reportaxe de Moisé Peñalver Núñez. Ed. Valls.