Axudas para a acreditación, estruturación e mellora de centros de investigación do SUG cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, para o exercicio 2019
Xúntase a Orde do 19 de setembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a acreditación, estruturación e mellora de centros de investigación do Sistema universitario de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2019.
- O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da Orde.
Cal é o obxecto destas axudas?
Axudas para acreditación, estruturación e mellora de centros de investigación do Sistema universitario de Galicia (SUG), entendidas como estruturas organizativas de investigación que integran recursos, capacidades e obxectivos para mellorar a súa eficacia.
Quen pode solicitar estas axudas?
As universidades do SUG e destinaranas aos centros de investigación do SUG que obteñan a acreditación como tales nesta convocatoria.
Tipo e intensidade da axuda
Tipo de convocatoria: réxime de concorrencia competitiva
Tipo de axuda: axuda a fondo perdido
Intensidade da axuda: 100%
Orzamento total: 20.480.000 euros
Contía e duración
As axudas serán de aplicación por un período de 4 anualidades.
Nas anualidades de 2020, 2021 e 2022 a contía mínima da axuda que se concederá será de 400.000 €, dos que polo menos 320.000 euros serán fondos Feder, e a máxima de 1.000.000 € dos que polo menos 800.000 serán fondos Feder. Na anualidade 2019 aplicarase o mesmo criterio en función da puntuación obtida tendo en conta que a cantidade mínima será de 5.000 euros e a máxima de 10.000 euros.
A onde acudir?
Consellería de Educación; Universidades e Formación Profesional
Secretaría Xeral de Universidades
Subdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica
Servizo de Planificación e Estruturación da Investigación
San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela
Teléfono: 881995156
Email: promocioncientifica.educacion@xunta.gal
Orde do 19 de setembro de 2019 (DOG) Extracto da Orde do 19 de setembro de 2019 (DOG) Guía para a elaboración da memoría do programa de centros de investigación Táboa indicadores 2016-2019 Táboa indicadores 2019-2022 Táboa relación de persoal Táboa memorias Táboa partidas orzamentarias Nota informativa relativa ó proceso de avaliación Listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas Convocatoria entrevista presencial proceso de avaliación Listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas Resolución do 13 de decembro de 2019: Concesión das axudas (DOG) Panel avaliador da convocatoria Convocatoria 2019. Instrucións de publicidade V-1 1ª Corrección de erros. Orde do 19 de setembro de 2019 (DOG) 2ª Corrección de erros. Orde do 19 de setembro de 2019 (DOG) Resolución do 31 de agosto de 2020 (DOG) Convocatoria 2019. Instrucións de publicidade V-2 Convocatoria 2019. Instrucións de publicidade V-3 Instrución 3/2021 para a avaliación intermedia do rendemento do centro de investigación atlanTTic Instrución 2/2022 avaliación institucional Centros CIGUS Documento de bases avaliación institucional Centros CIGUS Memoria avaliación institucional Centros CIGUS Táboas memoria institucional Centros CIGUS Estrutura das xornadas de avaliación institucional centros CIGUS Composición Panel Avaliador Centros CIGUS 2022