Máis de 148.000 estudantes de ESO, bacharelato e de ensinanzas de réxime especial comezarán o curso 2019/20 o vindeiro luns
A matriculación, á espera dos datos definitivos, mantense practicamente invariable no seu conxunto
A estes datos aínda habería que sumar o alumnado da FP, ensinanzas nas que a matrícula aínda non se pechou
Un total de 148.144 estudantes comezarán o vindeiro luns, 16 de setembro, as clases na educación secundaria obrigatoria (ESO), bacharelato, e ensinanzas de réxime especial (ensinanzas para adultos, artísticas e deportivas), segundo os datos provisionais recompilados polos servizos estatísticos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Cómpre lembrar que as cifras de matriculación non serán definitivas ata dentro dunhas semanas, dado que aínda nos últimos días se realizaron exames de recuperación en secundaria. De feito, neste total tampouco se contempla o alumnado de FP, ensinanzas nas que aínda é posible matricularse.
ESO
Segundo as estimacións e datos provisionais da Xunta de Galicia, 92.862 alumnos e alumnas comezarán o curso en ESO, o que supón un 0,4 % máis ca no curso 2018/19.
Por tipo de centros e por provincias queda do seguinte modo:
|
Centros públicos |
Centros privados concertados |
Centros privados non concertados |
A Coruña |
27.731 alumnos |
9880 alumnos |
953 alumnos |
Lugo |
6927 alumnos |
1987 alumnos |
273 alumnos |
Ourense |
5614 alumnos |
3142 alumnos |
163 alumnos |
Pontevedra |
24.504 alumnos |
10.733 alumnos |
955 alumnos |
Total |
64.776 alumnos |
25.742 alumnos |
2344 alumnos |
Nesta etapa educativa o alumnado non nacionalizado español incrementouse un 4,2% respecto do curso anterior:
|
2018/19 |
2019/20 |
A Coruña |
1245 alumnos |
1297 alumnos |
Lugo |
510 alumnos |
531 alumnos |
Ourense |
399 alumnos |
416 alumnos |
Pontevedra |
1111 alumnos |
1158 alumnos |
Total |
3265 alumnos |
3402 alumnos |
Bacharelato ordinario
Por outra banda os mesmos datos provisionais que manexa a Consellería, indican que 30.973 alumnos e alumnas comezarán o luns as clases de bacharelato ordinario en Galicia, o que supón un 1,5% máis ca no curso 2018/19.
|
Centros públicos |
Centros privados non concertados |
A Coruña |
10.619 alumnos |
2616 alumnos |
Lugo |
2828 alumnos |
271 alumnos |
Ourense |
2296 alumnos |
534 alumnos |
Pontevedra |
9973 alumnos |
1836 alumnos |
Total |
25.716 alumnos |
5257 alumnos |
No caso do bacharelato ordinario o número de alumnos e alumnas sen nacionalidade española mantense case invariable:
|
2018/19 |
2019/20 |
A Coruña |
229 alumnos |
228 alumnos |
Lugo |
95 alumnos |
94 alumnos |
Ourense |
65 alumnos |
65 alumnos |
Pontevedra |
213 alumnos |
212 alumnos |
Total |
602 alumnos |
599 alumnos |
Ensinanzas de réxime especial
No que atinxe ás ensinanzas de réxime especial, en concreto no referido ás básicas, de secundaria e bacharelato para adultos e ao bacharelato semipresencial ou a distancia, segundo os datos provisionais o descenso do alumnado, ata os 12.638 estudantes, é do 4,8% respecto do curso 2018/19.
A distribución por provincias e ensinanzas no curso 2019/20 é a seguinte:
|
A Coruña |
Lugo |
Ourense |
Pontevedra |
Total |
Ensinanzas básicas nivel I |
207 alumnos |
248 alumnos |
29 alumnos |
217 alumnos |
701 alumnos |
Ensinanzas básicas nivel II |
261 alumnos |
57 alumnos |
28 alumnos |
227 alumnos |
573 alumnos |
Ed. Secundaria adultos niveis I e II |
2103 alumnos |
547 alumnos |
609 alumnos |
2049 alumnos |
5308 alumnos |
Bacharelato presencial |
536 alumnos |
69 alumnos |
117 alumnos |
467 alumnos |
1189 alumnos |
Bacharelato semipresencial/distancia |
1764 alumnos |
355 alumnos |
226 alumnos |
583 alumnos |
2928 alumnos |
Ensinanzas non regradas |
364 alumnos |
327 alumnos |
417 alumnos |
831 alumnos |
1939 alumnos |
Pola súa banda, o número total de estudantes nas ensinanzas artísticas e deportivas acada este curso os 11.671, un 0,4% máis ca no curso anterior. En concreto, nas ensinanzas regradas de música, segundo as estimacións da Consellería, o número de alumnos será de 8502, un 0,3 % máis ca no ano académico 2018/19:
|
A Coruña |
Lugo |
Ourense |
Pontevedra |
Total |
Conservatorios de música e Centros autorizados de música |
3476 alumnos |
1143 alumnos |
993 alumnos |
2890 alumnos |
8502 alumnos |
No caso das ensinanzas regradas de danza o número de matriculados é de 333, un 5,6 % menos ca no curso 2018/19; mentres que nas de arte dramática haberá 177 alumnas e alumnos, un 1,7% máis ca no ano académico anterior.
Pola súa banda o alumnado matriculado en ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño diminúe un 1,9%, con 668 estudantes. No caso dos estudos superiores de deseño haberá 743 matriculados, un 2,7% máis ca no curso anterior; mentres que nos estudos superiores de conservación e restauración de bens culturais haberá 81 alumnos, 7 menos ca no 2018/19. No caso das ensinanzas deportivas o incremento de alumnado é do 3,3%, acadando os 1167 alumnos.
Formación Profesional
No caso da Formación Profesional –non incluída nos devanditos 148.144 estudantes- a Consellería está aínda a pechar os datos de matriculación, que serán difundidos en datas próximas. Aínda así, a previsión inicial realizada polo departamento educativo da Xunta de Galicia é que –contando tanto os ciclos formativos en réxime ordinario e modular como a FP a distancia, a FP Dual e a nova FP Básica- o número de alumnas e alumnos sexa de máis de 52.000.
Centros escolares
Os centros (públicos, concertados e privados) que imparten as devanditas ensinanzas quedan distribuídos do seguinte xeito:
|
A Coruña |
Lugo |
Ourense |
Pontevedra |
Galicia |
Educa. Primaria e Secundaria (1) |
54 |
26 |
20 |
64 |
164 |
C. de ESO |
17 |
3 |
2 |
16 |
38 |
C. de ESO e ensinanzas postobrigatorias |
83 |
35 |
25 |
70 |
213 |
C. de ensinanzas postobrigatorias |
43 |
11 |
12 |
32 |
98 |
C. de primaria, ESO e ensinanzas postobrigatorias (1) |
33 |
3 |
7 |
26 |
69 |
C. de adultos (2) |
3 |
2 |
2 |
3 |
10 |
TOTAIS |
233 |
80 |
68 |
211 |
592 |
- Inclúense os centros que imparten tamén o segundo ciclo de educación infantil.
- Inclúense nesta categoría os centros que imparten exclusivamente ensinanzas de adultos