Admisión a ciclos formativos. Listaxes provisionais de solicitantes. Convocatoria extraordinaria 2019

Xov, 12/09/2019 - 08:51
Publicación das listaxes provisionais de solicitantes do período extraordinario de admisión a ciclos formativos de formación profesional en réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas en modalidade presencial e modalidade distancia.
 
O prazo de reclamación contra estas listaxes abrangue desde o xoves 12 de setembro ata as 13:00 horas do luns 16 de setembro de 2019.
 
A reclamación deberase realizar no centro onde se presentou a instancia.

Nota: As listaxes de solicitudes do proceso de admisión a ciclos formativos pola cota reservada para persoas con discapacidade, legalmente recoñecida, están dispoñibles para a consulta nas secretarías dos centros de inscrición.