Orde pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional para o próximo curso académico 2011/2012, para o profesorado do corpo de mestres
Xúntase a Orde do 24 de xuño de 2011, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional para o próximo curso académico 2011-2012 ao persoal do corpo de mestres que non teña destino definitivo, ao que resulte desprazado por falta de horario, ao que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleiro ou concelleira, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal opositor do ano 2011, e o persoal interino ou substituto do corpo de mestres e o que solicite o reingreso no servizo activo.
- Prazo de formalización da instancia na web:
1. Para o profesorado suprimido, desprazado por falta de horario, concelleiros, procedentes do estranxeiro, peticionarios de reingreso e en expectativa de destino, interinos e substitutos, o prazo será de vinte días naturais contados a partir da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
2. Para os opositores que superen o procedemento selectivo convocado pola Orde do 8 de abril de 2011, o prazo será de cinco días naturais contados desde o seguinte ao da publicación da lista de aprobados pola comisión de selección.
Orde do 24 de xuño de 2011: Normas para a adxudicación de destino provisional para o próximo curso académico (DOG) Corrección de erros (DOG) Códigos dos centros que se poden solicitar Adxudicación provisional por orde alfabética Adxudicación provisional por colectivos Adxudicación definitiva Resolución do 30 de agosto de 2011 (DOG) Instrucións para a toma de posesión