Educación vén de adxudicar 22 obras de rehabilitación integral en centros escolares por un importe de máis de 19 millóns de euros

Todos os traballos, que se realizarán con cargo aos fondos de superávit, comezarán nos vindeiros días

Mar, 09/07/2019 - 13:32

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de adxudicar por un importe de 19.074.116 euros as 22 obras de rehabilitación integral noutros tantos centros escolares de toda Galicia que se levarán a cabo este verán con cargo aos fondos de superávit.

A plataforma Contratos de Galicia  publica o listado das adxudicacións dunhas obras cuxos proxectos xa foron encargados o pasado mes de decembro co fin de axilizar ao máximo os trámites administrativos e as pertinentes licenzas municipais co obxectivo de que o groso dos traballos se realicen durante o verán coincidindo co período non lectivo. Deste xeito, a meirande parte das obras de maior impacto e incomodidade podería quedar rematada no comezo do curso, de tal xeito que as restantes obras interfiran o menos posible na actividade lectiva.

Respecto dos centros escollidos para a realización das obras, lembrar que se actuou con criterios exclusivamente técnico como a antigüidade dos centros (construídos entre 1970 e 1985), o grao de necesidade das intervencións apreciada polas unidades técnicas provinciais e o número de alumnas e alumnos (superior a 150, agás no caso da Fonsagrada e Cervo).

O Plan de dotación de Infraestruturas Educativas 2016-2021 suporá, por tanto, a renovación dos centros educativos máis antigos, ademais dun compromiso medioambiental claro, a través das actuacións de rehabilitación enerxética.

Con esas características, os centros nos que se intervirá este ano e o orzamento para cada un son os reflectidos no seguinte cadro:

Concello

Centro

Importe

Carral

CEIP Vicente Otero Valcárcel

713.904,98

Santiago de Compostela

CEIP Raíña Fabiola

625.467,48

Arzúa

IES de Arzúa

935.508,80

Ferrol

CEIP Cruceiro de Canido

835.380,69

A Coruña

IES Monelos

838.261,07

Carballo

CEIP Fogar

1.430.197,64

Lugo

IES Muralla Romana

833.576,86

A Fonsagrada

CEIP Plurilingüe Santa María

896.243,85

Lugo

CEIP de Casás

732.571,91

Cervo

CEIP de Cervo

943.380,87

Foz

CEIP de Foz nº 1

815.989,38

Verín

CEIP Princesa de España

760.847,00

O Barco de Valdeorras

CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa

634.813,95

O Carballiño

CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo

758.128,62

Ourense

CEIP de Prácticas

916.196,74

Ourense

IES O Couto

842.186,99

Baiona

CPI de Cova Terreña

1.136.973,66

Cambados

IES Ramón Cabanillas

1.008.525,54

Pontecesures

CPI de Pontecesures

762.341,23

Cangas

CEIP do Hío

810.321,85

Marín

IES Illa de Tambo

1.090.880,60

Vigo

CEIP García Barbón

752.416,66

 

Obras de eficiencia enerxética no plan de dotación de infraestruturas educativas

Estas obras enmárcanse no Plan de dotación de infraestruturas educativas, que vén de ampliar a súa vixencia nun ano para o período 2016-2021, ao abeiro do cal tamén está programada para este ano outras obras, tanto de nova construción como de reforma, ampliación e mellora de 9 actuacións de rehabilitación enerxética que xa foron adxudicadas e que comezarán tamén este verán:

Concello

Centro

Importe

Teo

CEIP da Ramallosa

714.642,96

Noia

CEIP Felipe de Castro

677.032,47

Láncara

CPI Ramón Piñeiro

676.652,63

Lugo

CEIP Luis Pimentel

543.096,16

Burela

CEIP Virxe do Carme

860.297,90

Maside

CPI Terras de Maside

500.000,00

Ourense

CIFP Portovello

521.949,42

Cerdedo-Cotobade

CEIP Tenorio

572.116,51

Vilagarcía de Arousa

CEIP Arealonga

616.710,25

 

 

O impacto total do Plan será, computando os tres anos executados e os dous programados (2019 e 2020) de 116 grandes actuacións, o que supón actuar no 10,6% dos centros. Territorialmente, isto supón actuar en 72 concellos, o 23 por cento da totalidade dos de Galicia e beneficiar a 33.067 alumnas e alumnos (o 13% do total).

Todo ilo supón xestionar un orzamento de preto de 200 millóns de euros para obras en seis anos, aos que hai que engadirlle os 21,4 millóns de euros do superávit desde ano 2019 e os eventuais que se poidan derivar do superávit do ano 2020.