Convocadas prazas de residencia para persoas colaboradoras bolseiras nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso académico 2019/2020
Ven, 05/07/2019 - 09:17
Orde do 25 de xuño de 2019 pola que se convocan prazas de residencia para persoas colaboradoras bolseiras nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso académico 2019/20 (código de procedemento ED308A).
- O prazo de presentación de solicitudes en período ordinario será desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria ata o 2 de agosto de 2019.
- As solicitudes deberán dirixirse ao respectivo centro residencial docente.