A Consellería de Educación participa na inauguración dos cursos de verán da Universidade Internacional Menéndez Pelayo, en Vigo
O director de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal, asistiu ao acto que foi presidido polo Delegado do Goberno en Galicia
O encontro, que se desenvolve na deputación provincial, versará en torno á economía e durará ata o xoves
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria mostrou o seu apoio a realización dun novo curso de verán da Universidade Internacional Menéndez Pelayo, celebrado en Vigo e que na súa inauguración contou coa presenza do director xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal, en representación do conselleiro, Xesús Vázquez Abad.
Este primeiro encontro do verán celebrase ata na sede da deputación provincial en Vigo ata o xoves baixo o título de “Non só economía: a crise e o diálogo das ciencias sociais”.
O curso dirixido por Xosé Carlos Arias e Gonzalo Caballero, ambos do departamento de Economía Aplicada da Universidade de Vigo, ten como obxectivo dar ao alumnado unha aproximación rigurosa ao estudo da sociedade,a política, a historia e a economía desde unha perspectiva interdisciplinar nas Ciencias Sociais.
Durante a súa intervención o director xeral de Centros destacou que “os recursos humanos son máis ca nunca fundamentais para poder formar á xeración máis preparada para afrontar os retos do futuro”.
Unha análise da situación económica
As conferencias, que remataran este xoves, xirarán en torno a crise, e a situación na que está sitúa aos medios de comunicación, políticos, e a sociedade en xeral. Asemade deste momento de dificultades económicas darase unha visión histórica, e mostrará a situación a nivel internacional. Dentro do programa inclúense charlas sobre as perspectivas de futuro, e a relación da política e a economía coas Ciencias Sociais.