Título node Learning object

Axudas para ANPAS destinadas a actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero
Mér, 26/06/2019 - 14:27
logo

A Secretaría Xeral da Igualdade convocou axudas para que as ANPAS financien actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero.

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, financiadas en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, para as asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento SI449B).

 

 

A través desta convocatoria pódense traballar as distintas temáticas:

  • IGUALDADE:
    • obxectivos da coeducación no século XXI
    • xogos e xoguetes coeducativos
    • literatura infantil e xuvenil libre de estereotipos sexistas
    • educación afectiva-sexual adaptada a cada franxa de idade
    • orientación libre de estereotipos sexistas para a construción do proxecto vital
    • orientación profesional libre de estereotipos sexistas
    • fendas de xénero no ámbito educativo
    • educación emocional con perspectiva de xénero
    • empoderamento feminino para a participación social
    • promoción das mulleres no ámbito científico-tecnolóxico
    • estratexias de promoción da corresponsabilidade e dos coidados
    • construción da identidade a través das redes sociais
    • claves para interpretar os estereotipos sexistas nos produtos destinados á mocidade
       
  • VIOLENCIA DE XÉNERO:
    • sinais de alerta para a detección precoz de situacións de violencia de xénero
    • estratexias de prevención e sensibilización contra a violencia de xénero
    • estratexias de prevención das agresións sexuais
    • pautas de intervención ante situacións de violencia de xénero
    • situación das persoas menores de idade vítimas da violencia de xénero no fogar
    • recursos institucionais para afrontar a violencia de xénero

 

Prazo da convocatoria: ata o 29 de xuño de 2019
Publicación da convocatoria: Resolución do 20 de maio de 2019 (DOG do 29 de maio)

 

Se se precisa asesoramento para enfocar as distintas temáticas pódese consultar con esta Asesoría para recibir maior información.

Mónica Baleirón
Asesora de Igualdade
881 997 598
asesoria.igualdade@edu.xunta.gal