Título node Learning object

Publicacións coeducativas do IES do Milladoiro
Mar, 25/06/2019 - 12:37
portada

O IES do Milladoiro (Ames) ten ao dispor da comunidade educativa varias publicacións de interese vinculadas ao traballo coeducativo do centro.

  • Historia das nosas avoas: trátase dun traballo de recuperación da historia das mulleres a través da figura das avoas co fin de poñer en valor as súas experiencias e vivencias. Pódese consultar o resultado do proxecto na seguinte ligazón.
     
  • Mulleres traballadoras: trátase dun traballo semellante ao anterior no que se indaga sobre a vertente profesional das nais, avoas, tías... de alumnado de todos os niveis do centro. Este traballo contou coa colaboración do Grupo de Intestigación Roda da USC. Pódese descargar o documento na seguinte ligazón.
     
  • Axenda escolar feminista: pódese consultar a axenda nesta ligazón.