Título node Learning object
A Secretaría Xeral de Igualdade, en colaboración coa Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, acaba de publicar e distribuír a "Guía de literatura infantil e xuvenil para a Igualdade". Esta publicación contén as fichas informativas de 51 libros publicados entre 2014 e 2017 que se poden empregar para traballar no ámbito educativo desde unha proposta máis igualitaria. As propostas de lectura establecen 2 franxas de idade: a partir dos 8 anos e a partir dos 12.
Entre as temáticas que se abordan están as seguintes: o empoderamento das mulleres, a repartición de tarefas no fogar, a ruptura cos estereotipos sexistas ou a visualización das mulleres na historia ou na ciencia.
A obra foi distribuída no 1400 centros de ensino de infantil, primaria e secundaria de Galicia. Pódese consultar e descargar o volume na seguinte ligazón.