Título node Learning object
Baixo o lema Facemos Historia pola Igualdade a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional convoca o I Premio de Curtametraxes Alice Guy-Blaché, que leva o nome da primeira muller cineasta, directora de máis de mil filmes e pioneira en explorar o cinematógrafo como canle privilexiada para contar historias.
Os centros poderán presentar producións audiovisuais onde se recreen acontecementos históricos, se acheguen á vida ou logros de figuras relevantes, a recuperación de discursos ou voces que loitaron en prol da igualdade en distintos países, culturas e épocas. Deste xeito, o alumnado poderá combinar o labor de investigación coas destrezas artística e creativa.
Destinatarios: todos os centros docentes públicos de educación primaria, ESO e Bacharelato ou FP Básica
Prazo de presentación: ata o 15 de novembro do 2019.