O conselleiro de Educación destaca a importancia para a cidade de Vigo dos titulados da licenciatura en dereito econonómico-empresarial

Xesús Vázquez Abad asistiu hoxe ao acto de graduación dos estudantes da XIII promoción desta titulación

Ven, 17/06/2011 - 19:30
Xesús Vázquez Abad asistiu hoxe ao acto de graduación dos estudantes da XIII pro
Xesús Vázquez Abad asistiu hoxe ao acto de graduación dos estudantes da XIII promoción desta titulación

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, destacou hoxe no acto de graduación da XIII promoción da Licenciatura en Dereito, da rama Económico-Empresarial, a importancia desta titulación para a cidade olívica, “unha licenciatura que naceu por e para Vigo”

Neste sentido, lembrou que esta especializade, creada na zona máis industrializada de Galicia e cos maiores índices de implantación de empresas, foi pioneira na universidade pública no momento de ser implantada, “e veu a satisfacer as demandas de especialización do mercado de traballo”. “Velaí que espertase elevadas expectativas de prestixio, que se foron cumprindo cos sucesivas promocións, ata consolidar a titulación como referente no Sistema Universitario de Galicia”, engadiu.

No acto, no que recibiron os seus diplomas 80 alumnas e alumnos, o conselleiro fixo referencia á realidade sociolaboral do momento “ben diferente de aquela que existía cando ingresaron na Universidade”, o que evidencia que é necesaria “unha nova cultura empresarial”.

Así, dirixiuse aos egresados “que rematan a súa traxectoria académica cunha sólida formación xurídica, económica e empresarial” a comprometerse na procura de novas vías para as súas capacidades.

“Beberon os seus coñecementos deste magnífico claustro profesoral, polo que a súa responsabilidade agora é dobre- dixo-, non só poñer os seus coñecementos ao servizo dos que lles proverán o sustento, senón facer honor aos seus ensinantes, sen separarse dos preceptos éticos que lles foron inculcados”. diferente

Adaptación a Bolonia

Durante a súa intervención Vázquez Abad sinalou ademais a importancia do proceso de adaptación ao Espazo Europeo  de Educación Superior no que está inmerso o Sistema Universitario de Galicia.

Neste sentido recordou que a hoxe graduada á unha das derradeiras promocións desta licenciatura. De feito, a que finalice os seus estudos no curso 2012/2013 será a última xeración destes licenciados, que sairán da facultade ao mesmo tempo que a primeira promoción do novo grao en Dereito. Así, dixo, “completarase o tránsito da adaptación a Bolonia coa plena integración no Espazo Europeo de Educación e o alumnado xogará con novas regras, diferentes itinerarios formativos e, confiemos niso, distintas circunstancias sociolaborais”.

.