Un total de 26 centros públicos galegos participarán no programa de intercambio EduExchanges

Na primeira edición desta iniciativa de intercambio entre centros educativos da UE participaron 15 centros

Dom, 19/05/2019 - 10:00

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de publicar a resolución do programa de intercambio de alumnado para centros de ensino cos de outros países da Unión Europea EduExchanges. O obxectivo deste programa é que o alumnado mellore as súas competencias en linguas estranxeiras nun contexto de convivencia diaria nunha contorna familiar.

Un total de 26 centros públicos galegos e 416 alumnas e alumnos participarán este curso nesta iniciativa, en concreto os seguintes:

Provincia

Concello

Centro

A Coruña

Boiro

IES Plurilingüe A Cachada

A Coruña

Cambre

IES David Buján

A Coruña

Carral

IES de Carral

A Coruña

A Coruña

IES Salvador de Madariaga

A Coruña

Ferrol

IES de Catabois 

A Coruña

Santiago de Compostela

IES A. Xelmirez I

A Coruña

Oleiros

IES Miraflores 

A Coruña

Oleiros

IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas

A Coruña

Trazo

CPI de Viaño Pequeno  Trazo

Lugo

Burela

IES Monte Castelo

Lugo

Foz

IES de Foz

Lugo

Lugo

IES Sanxillao 

Lugo

Monforte de Lemos

IES Río Cabe

Lugo

Monforte de Lemos

IES A Pinguela 

Lugo

Xove

IES Illa de Sarón 

Ourense

Ourense

IES As Lagoas 

Pontevedra

Lalín

IES Ramón María Aller Ulloa 

Pontevedra

Moaña

IES Plurilingüe A Paralaia 

Pontevedra

Nigrán

CPI Plurilingüe Arquitecto Palacios

Pontevedra

Ponteareas

IES Pedra da Auga

Pontevedra

Pontevedra

IES Valle-Inclán

Pontevedra

Sanxenxo

IES Sanxenxo

Pontevedra

Vilagarcía de Arousa

IES Castro Alobre

Pontevedra

Vilagarcía de Arousa

IES Fermín Bouza Brey

Pontevedra

Vilagarcía de Arousa

IES Miguel Ángel González Estévez

Pontevedra

Vigo

IES Politécnico de Vigo

 

A convocatoria está dirixida a alumnado que curse 3º e 4º de ESO en centros de ensino públicos galegos que teñan desenvolvido algunha iniciativa de intercambio -ou teñan previsto facelo- entre o 1 de xaneiro e o 30 de xuño de 2019. O idioma de estudo obxecto do intercambio pode ser a primeira ou a segunda lingua estranxeira cursada polo alumno.

Cada centro seleccionado recibirá unha axuda económica máxima de 7.000 euros da Consellería que será destinada a sufragar os gastos derivados do intercambio. Os centros educativos deberán ocuparse de todos os aspectos organizativos relacionados co intercambio, incluída a planificación das actividades educativas e extraescolares que consideren, baixo a supervisión dun docente que exercerá de coordinador.

Pola súa banda, as familias do alumnado participante no proxecto comprométense a recibir na súa casa a un alumno doutro país e a responsabilizarse do seu aloxamento e manutención.

Esta iniciativa está enmarcada na Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras 2020, Edulingüe, para o fomento e a mellora do plurilingüismo no ensino non universitario, e pretende fomentar a mobilidade entre o alumnado co fin de mellorar a súa competencia lingüística en linguas estranxeiras.