A Radio Galega emitirá no Día das Letras os traballos dos centros gañadores do Concurso de Podcasts elaborados na biblioteca escolar
Recibíronse un total de 107 traballos procedentes de 64 centros educativos
A Radio Galega emitirá o Día das Letras Galegas os podcasts dos centros premiados no I Concurso de Podcasts, convocado pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional para os centros educativos públicos que participan no programa Radio na Biblio ou, de non facelo, que conten con emisora de radio escolar.
Recibíronse un total de 107 traballos procedentes de 64 centros educativos.
A Consellería vén de publicar a resolución deste certame, no que se galardoa a 8 centros nas diferentes modalidades, tal e como queda recollido no seguinte cadro:
Modalidade |
Centro |
Concello |
Podcast |
I |
CEIP Víctor Sáenz |
Mazaricos |
O mazarico |
CEIP de Carballedo |
Cerdedo-Cotobade |
A lenda de Florentina |
|
II |
CEIP de Vilar de Barrio |
Vilar de Barrio |
A xanela cultural. Especial Letras Galegas |
CEIP Ramón de Valenzuela |
Silleda |
Alto dos Xenerais |
|
III |
CPI de Vedra |
Vedra |
Os Xenerais |
CPI Manuel Suárez Marquier |
O Rosal |
Os cabaqueiros |
|
IES Pedras Rubias |
Salceda de Caselas |
Polo río abaixo hai... |
|
IV |
IES Punta Candieira
|
Cedeira |
As lavandeiras |
Os centros gañadores nas distintas modalidades recibirán unha asignación de 1.000 euros para melloras no equipamento e infraestrutura do laboratorio/emisora de radio, que deberá quedar vinculado á biblioteca.
Os podcast premiados serán emitidos pola Radio Galega, ademais de ser difundidos a través da súa web e da canle dixital do Diario Cultural. Tamén se emitirán entrevistas cos gañadores na programación especial da emisora co gallo do Día das Letras Galegas.
Difusión do patrimonio
O certame, organizado en colaboración coa Radio Galega, ten como obxectivo estimular o coñecemento e difusión do patrimonio cultural galego. Por iso, e dado que o Día das Letras Galegas deste ano homenaxea a Antón Fraguas, estudoso da cultura galega, a temática dos podcast debía ser o patrimonio material ou inmaterial de Galicia, buscando un vínculo coa contorna de cada centro educativo participante.
Así mesmo, preténdese afondar no traballo que desde as bibliotecas escolares se está a facer arredor da radio. Trátase de converter estes espazos en laboratorios creativos de aprendizaxe, xa que son unha ferramenta de gran potencial pedagóxico no reforzo das prácticas comunicativas do alumnado e da súa motivación para participar en proxectos colaborativos nos que se traballan distintas habilidades e competencias.