Título node Learning object
INFORMACIÓN PARA AUXILIARES RENOVADORES NON EUROPEOS NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA PARA O CURSO 2019/2020
Os auxiliares renovadores deberán solicitar persoalmente a renovación da súa documentación.
RENOVACIÓN DA AUTORIZACIÓN DE ESTANCIA POR ESTUDOS
Lugar presentación: Oficina de estranxeiría ou Comisaría de Policía en cada provincia. Nalgunhas provincias, é necesario solicitar cita previa (de 9 a 12 horas de luns a venres).
Documentación necesaria, presentación persoal:
-
Impreso de solicitude EX00, orixinal e copia, debidamente cumprimentadas e asinadas.
-
Orixinal e copia do pasaporte (todas as follas con selos ou anotacións).
-
Nomeamento da Consellería (orixinal e copia).
-
Se se trata dun traslado desde outra Comunidade Autónoma: Nomeamento da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional (orixinal e copia).
-
Certificado de empadroamento actual (se fose posible).
-
Resgardo bancario do abono das taxas de prórroga.
RENOVACIÓN DA TIE
Lugar presentación: Oficina de estranxeiría e/ou Comisaría de Policía en cada provincia. Nalgunhas provincias, é necesario solicitar cita previa (de 9 a 12 horas de luns a venres).
Prazo de solicitude: pódese solicitar a renovación do TIE desde 60 días antes da súa caducidade, de forma extraordinaria nos 90 días posteriores á súa caducidade.
Desde que se recibe a resolución deberase acudir á Xefatura de Policía/Estranxeiría mais próxima en o prazo máximo dun mes para finalizar os trámites.
Documentación necesaria, presentación persoal:
-
Impreso de solicitude EX17, orixinal e copia, debidamente cumprimentadas e asinadas.
-
Certificado de empadroamento.
-
Orixinal do pasaporte.
-
1 foto de tipo carné (a cor con fondo branco).
-
TIE anterior.
-
Resolución de Estranxeiría (orixinal).
-
Nomeamento da Consellería.
-
Resgardo do abono das taxas correspondentes.
SOLICITUDE DE AUTORIZACIÓN DE REGRESO
Lugar presentación: Oficina de estranxeiría e/ou Comisaría de Policía en cada provincia. Nalgunhas provincias, é necesario solicitar cita previa (de 9 a 12 horas de luns a venres).
Documentación necesaria, presentación persoal:
-
Impreso de solicitude Ex-13, orixinal e copia, debidamente cumprimentadas e asinadas.
-
Orixinal do cartón de identidade de estranxeiro (TIE), que debe estar caducada.
-
Nota: Excepcionalmente poderá presentarse a solicitude de autorización de regreso sen que caducase aínda a TIE, cando se acredite debidamente a concorrencia dunha situación excepcional que lle esixe saír do territorio español e retornar con posterioridade á perda de vixencia do cartón de identidade de estranxeiro.
-
Resgardo da solicitude de renovación. Orixinal e fotocopia.
-
Orixinal e copia do xustificante de pago en concepto de tramitación de a autorización de regreso.
-
Orixinal e copia do billete de avión de volta a España.
IMPRESOS. Pódense descargar aquí: http://extranjeros.empleo.gob.es/es/modelossolicitudes/mod_solicitudes2/
-
EX00 - Solicitude de Prorroga de Estancia por Estudos
-
EX13: - Solicitude de autorización de regreso.
-
EX17 - Solicitude de Cartón de Identidade de Estranxeiros.
INFORMACIÓN PARA AUXILIARES RENOVADORES NON EUROPEOS NOUTRA COMUNIDADE AUTÓNOMA PARA O CURSO 2019/2020
Recoméndase acudir á Oficina de estranxeiría ou policía máis próxima á súa residencia para informarse sobre o lugar e procedemento de trámite de renovación da TIE, prorroga de estancia e demais documentación necesaria. Para máis información, deberán porse en contacto coas persoas xestoras do Programa de auxiliares de conversación da comunidade solicitada para o curso 2019/2020.