O 97,48% do alumnado de cuarto de infantil obtivo praza no centro educativo escollido en primeira opción

Este ano rexistráronse 417 solicitudes menos que para o curso 2018/19

Sáb, 13/04/2019 - 10:00

O 97,48% do alumnado que solicitou praza en 4º de educación infantil – 3 anos- nos centros educativos sostidos con fondos públicos nas 4 provincias galegas para o vindeiro ano académico 2019/20 obtívoa no colexio escollido como primeira opción, segundo os datos compilados. Este ano recibíronse en toda Galicia un total de 18.077 solicitudes para ese curso, 471 menos ca no anterior; polo que resulta suficiente a oferta de prazas deste curso de infantil, 27.332 postos escolares.

Dentro do mencionado colectivo de alumnado de 3 anos, tan só un 2,52 % non acadou unha praza no centro de primeira escolla. Para esta pequena porcentaxe, as prazas serán asignadas pola comisión de escolarización de cada zona, atendendo aos seguintes centros da preferencia marcada na solicitude de admisión.

Os datos polas 7 principais cidades son os seguintes:

 

Provincia

 Solicitudes recibidas

Escolarizados en 1ª opción

A Coruña

1825

93,64 %

Ferrol

428

100 %

Santiago de Compostela

876

95,21 %

Lugo

764

94,63 %

Ourense

820

99,27 %

Pontevedra

698

98,85 %

Vigo

2127

98,50%

Galicia

18077

97,48 %