Título node Learning object
Ana Romaní ingresa na Real Academia Galega
Xov, 11/04/2019 - 12:59
A poeta e xornalista Ana Romaní (Noia, 1962) leu o pasado sábado o discurso de entrada na Real Academia Galega, co que adquire a condición de académica numeraria. Pódese ver toda a información relativa ao evento na páxina web da RAG, onde tamén se pode descargar o seu discurso de entrada: "Táctil resonancia. Da derrota dun esplendoroso veleiro, as voces flotantes e os cantos das baleas".
Con ela son 7 as mulleres que forman parte da RAG (dun total de 30 membros).