Carmen Pomar visita o Centro de Educación Especial Aspanaes-Duques de Lugo, con motivo Día Mundial da concienciación do Autismo

Mar, 02/04/2019 - 15:25
Carmen Pomar visita o Centro de Educación Especial Aspanaes-Duques de Lugo, con motivo Día Mundial da concienciación do Autismo

Con motivo do Día Mundial da concienciación do Autismo, a conselleira de Educación, Carmen Pomar, achegouse esta mañá ao Centro de Educación Especial Aspanaes-Duques de Lugo, para compartir experiencias co alumnado e o equipo docente deste centro compostelán que atende a rapaces e rapazas con TEA (Trastorno do Espectro Autista) e está xestionado pola Asociación de Pais de persoas con Trastornos do Espectro Autista da provincia da Coruña (Aspanaes).

Durante a visita, puido comprobar como a través do sistema educativo se canalizan e potencian as capacidades dos 47 alumnos e alumnas do centro, dos que a meirande parte deles reciben escolarización combinada, ao asistiren tamén a centros educativos de carácter ordinario.