O conselleiro de Educación recibe no MUPEGA a profesores de alemán que participan nun intercambio do programa europeo Comenius
O encontro celébrase no marco do proxecto 'Galicia-Baviera', no que se compararn ambos os sistemas educativos
Xesús Vázquez Abad, conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria
O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, recibiu hoxe no Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) a 7 profesores alemáns que están a participar nun intercambio co IES Xelmírez I de Santiago de Compostela, no marco do Programa europeo de mobilidade Comenius Regio.
Na recepción participaron o delegado do Ministerio de Educación de Baviera, Hubert Lepperdinger, a xefa do Departamento do delegado e profesora do Gymnasium Holbein de Augsburg, Angela Mutter, e o presidente da Asociación Alemá dos Profesores de Español, Walther Bernecker. Por parte dos institutos asistiron o director do Gymnasium IES Jakob Brucker de Kaufbeuren, Werner Altmann, o do Peutinger de Augsburg, Wolfgang Mutter, a xefa do Departamento de Historia do Gymnasium IES Holbein de Augsburg, Úrsula Maidl, e o formador de Profesores do Gymnasyum Peutinger de Augsburg, Thomas Felsenstein.
Pola parte galega ademais do conselleiro, estiveron presentes o director xeral de Educación, FP e Innovación Educativa, Jose Luís Mira, a xefa territorial de Educaicón na Coruña, Mª Teresa Villaverde, o director do Instituto IES Xelmírez I, Manuel Miguel López Mejuto, e o inspector Fermín Álvarez. Tamén asistiron Laureano Araujo, César Lema, Manuel Antonio Fernández, Alfredo Millán e Fernando Prieto, profesores de Lingua Alemá, Tecnoloxía, Ciencias, Lingua Galega e Historia, respectivamente, no mesmo instituto.
Deste xeito a Consellería de Educación amosa o seu apoio ao programa proxecto 'Galicia-Baviera' , para a elaboración dun estudo comparativo dos sistemas educativos do Estado Federal de Baviera e da Comunidade Autónoma de Galicia
Dous sistemas educativos
No proxecto 'Galicia-Baviera' – enmarcado no Comenius Regio- están implicados, entre outros, o IES Xelmirez I, os Gymnasium –institutos- Holbein e Peutinger de Augsburgo, Jakob Brucker de Kaufbeuren e a Asociación Alemá de Profesores de Español.
A iniciativa fundaméntase na comparativa entre os sistemas educativos da ESO en Galicia e Secundaria en Alemaña, abordando para iso nos eidos da organización e administración dos centros escolares, ou en proxectos innovadores, tales como a aprendizaxe fóra das aulas, obradoiro de Historia Rexional e convivencia, entre outros.
Doutra banda o proxecto céntrase nas materias de Linguas Estranxeiras, Ciencias Naturais e Ciencias Sociais, e no estudo dos seus respectivos contidos curriculares, número de horas, obxectivos básicos, metodoloxía e avaliación.
Mobilidades
O proxecto contempla a realización de 24 mobilidades, nas que o IES Xelmírez I visitou o Ministerio de Educación en Baviera, a Alta Inspección para Suabia e os Institutos Hölbein e Peutinger (ambos en Augsburgo), Hildegardis (Kemptem) e o Kaufbeuren, así como a Asociación de profesores alemáns de español en Nürnberg.
Pola súa banda, os representantes de Baviera teñen estado en Galicia, visitando o IES Xelmírez I e participando nas súas actividades diarias.
No encontro repartiuse unha publicación na que se recollen os resultado do proxecto. Ademais esta tarde inaugurarase unha exposición ao respecto no Centro cívico do Ensanche, en Santiago de Compostela.