Título node Learning object

Proxecta Constrúe: a cuestión de xénero nos festivais de cinema
Lun, 25/03/2019 - 18:35
cartel

O Museo do Pobo Galego organiza a 14ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (25-31 de marzo de 2019). Dentro desta actividade terá lugar unha conversa aberta con profesionais do audiovisual en Galicia co obxectivo de examinar a situación das mulleres neste ámbito, analizar as áreas de maior responsabilidade e liderado e o emprego feminino nestes eventos, así como propoñer prácticas e estratexias para abordar as cuestións de xénero no sector. Nesta conversa participarán Ana Domínguez (S8), Andrea Villa (Curtocircuíto), Keka Losada (Festival de Cans), Sabela Cinza (Chanfaina Lab), Sonia Méndez e Ana Dixital (Carballo Interplay), María Ruiz Falcó (FICBueu), Beli Martínez (PlayDoc), Cristina Fiaño (Cinema Crianza); a sesión estará conducida por Sabela Mendoza.

Data: sábado 30 de marzo de 2019
Hora: 12.30 - 14.00
Lugar: cantina do CGAC (a carón do Museo do Pobo Galego)