Título node Learning object
A Universidade de Santiago, en colaboración co Concello compostelán e a Facultade de Belas Artes de Pontevedra, inaugura a mostra ‘Máis alá do Estereotipo’, a primeira exposición individual da artista compostelá Mery Pais (Santiago, 1990) en Galicia. Pais é unha creadora Valente e controvertida que aposta nas súas obras por unha arte abertamente política e con perspectiva de xénero. Analiza os modelos de conduta que se dan na relación entre Europa e norte de África, sinalando estereotipos enquistados nas dúas sociedades, que anulan o individuo e alimentan os mesmos medos que veñen perpetuándose a ambos lados do Estreito durante séculos.
A mostra poderá visitarse ata o 26 de abril de luns a venres de 11:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:30 e os sábados de 18:00 a 20:30 horas.
Inauguración: xoves 28 de marzo de 2019
Visitas á mostra: ata o 26 de abril (de luns a venres de 11.00 a 13.00; sábados, de 18.00 a 20.30)
Hora: 20.00
Lugar: Igrexa da USC (praza de Mazarelos - Santiago de Compostela)