Título node Learning object
Xornada Talent Woman (A Coruña)
Ven, 15/03/2019 - 13:19
Este mes de marzo terá lugar a xornada Talent Woman Galicia, na que catro mulleres galegas destacadas no ámbito STEAM impartirán unha charla de 12/15 min para explicar o seu labor profesional desde a súa experiencia persoal no ámbito da medicina, da arte, da tecnoloxía e da empresa.
Logo das preguntas do público, haberá unha sesión de networking + cóctel para todas as persoas asistentes.
Nesta sesión contarase coa presenza das seguintes persoas:
- Rosario García Campelo, especialista en oncoloxía do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.
- Soledad Penalta, artista, especializada en escultura de gran formato en acero e metais. Membro da Real Academia Galega de Belas Artes.
- Luz Castro, doutora en informática. Socia fundadora da empresa galega Imaxin. Profesora e investigadora na Facultade de Comunicación Audiovisual da Universidade da Coruña.
- Raquel Lago, conselleira delegada do Grupo Lagos, empresa galega familiar que, con desenvolvementos tecnolóxicos propios, leva desde 1982 fabricando e instalando cabinas de pintura para avións, trens, madeira e industria en xeral.
Data: xoves 21 de marzo de 2019
Lugar: Fundación Paideia Galiza (Praza de María Pita 17, A Coruña)
Hora: 19.00 - 22.00