Título node Learning object
A Concellería de Igualdade do Concello da Coruña organiza a charla participativa "Enredámonos? Whatsapps, mocidade e ciberviolencias". A sesión estará conducida pola psicóloga e formadora Ianire Estébanez. Nesta sesión abordarase a realidade da ciberviolencia nas redes sociais e as estratexias para acompañar a mocidade na resolución colectiva destas formas de violencia machista.
Data: mércores 20 de marzo de 2019
Horario: 12:00 a 13:30 h
Lugar: salón de actos do Centro Ágora (Lugar da Gramela 17, A Coruña)
Público destinatario: mozas e mozos de 4º da ESO e bacharelato
Accesibilidade: accesible para persoas con mobilidade reducida
Solicitudes: a proposta vai dirixida a centros de ensino do concello da Coruña, que deben formalizar a súa solicitude a través do correo electrónico do Centro de Información á Muller (contacto: 981 184 356 e cim@coruna.es).