Educación garante a escolarización de todos os nenos e nenas do concello de Ames
A Consellería de Educación acometerá actuacións en tres centros do concello para dar resposta ás necesidades de escolarización en Ames
A Consellería de Educación garante a escolarización de todos o nenos e nenas do Concello de Ames. Así, Educación, a través de actuacións en 3 centros do concello, dará resposta ás demandas de escolarización de todos os alumnos de Ames. Deste xeito, e coa realización dos traballos que se levarán acabo este verán, aumentarase en 125 o número de prazas.
Así, na escola Infantil de Milladoiro, construírase unha nova aula con capacidade para 25 nenos. A finais deste mes comezarán os traballos de acondicionamento dun espazo anexo ao centro para habilitalo como aula para o curso que vén.
Asemade, Educación mantén o seu compromiso de ampliar o CEP de Ventín. Mentres instalaranse 4 aulas prefabricadas, 3 delas con capacidade para acoller a 75 nenos. A cuarta, estará dividida en dous espazos para desdobres de pequenos grupos.
Consciente da necesidade e a vella demanda existente no Concello, a Consellería de Educación lembra que nos últimos anos se requiriu ao Concello en varias ocasións a necesidade de ceder uns terreos axeitados para poder construír un novo centro.
Por último, no CEIP Barouta, crearase unha unidade para nenos de 3 anos. A Xunta farase cargo de acondicionar a pista deportiva de tal xeito que quede liberado o espazo do comedor que viña sendo utilizado como ximnasio. O curso que vén, os alumnos escolarizados en Barouta poderán dispoñer do servizo de comedor.
Ademais, os alumnos escolarizados hoxe pola Comisión neste centro, terán servizo de transporte escolar.
Con estas actuacións a Consellería de Educación amosa o seu compromiso co escolarización de todo o alumnado de Ames.