O conselleiro de Educación asistiu ao acto do 25º aniversario do CEIP Manuel Mallo Mallo de Lugo

Vázquez Abad destacou a implicación de profesorado e familias do centro no labor educativo

Ven, 03/06/2011 - 16:28

Xesús Vázquez Abad, conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, asist
O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, asistiu hoxe ao 25º aniversario de CEIP Manuel Mallo Mallo

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, asistiu hoxe ao 25º aniversario de CEIP Manuel Mallo Mallo, en Lugo, onde destacou a implicación do profesorado e as familias deste CEIP, que no vixésimo quinto aniversario do centro “seguen a deseñar perspectivas de avance e de modernización no extraordinario labor da educación da nosa mocidade”.

Neste sentido, fixo mención á deste colexio como “unha comunidade que traballa en equipo, que colabora e suma para que o alumnado chegue a ser unha cidadanía exemplar, decidida a conseguir un mundo máis xusto, máis humano e solidario”.

Vázquez Abad expresou ademais a vontade da Consellería de acadar un sistema educativo cada vez mellor. Así reiterou que o departamento que dirixe está decidido “a impulsar todas as medidas que estean ao noso alcance para potenciar e levar a bo termo o compromiso e a ilusión que guía o voso traballo”.

O conselleiro rematou a súa intervención felicitando aos asistentes polos 25 anos de traxectoria e bo facer desde 1986.

Compromiso co centro

Durante a súa visita ao centro Vázquez Abad reiterou o seu compromiso con este centro, no que estudan 77 alumnas e alumnos de educación infantil e primaria.

Así salientou as achegas de 4.800 euros coas que a Consellería ten contribuído á mellora dos fondos e instalacións da biblioteca escolar deste colexio, no marco do Plan Lía 2010/2015 de bibliotecas escolares (Lectura, información, aprendizaxe), que ten como obxectivo traballar para continuar mellorando a calidade destes espazos e dotalos de recursos cos que explotar o seu potencial.