Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i para o 2019
Publicada a Orde do 31 de decembro de 2018, conxunta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2019.
- Prazo de presentación de solicitudes: do 31.01.2019 ao 28.02.2019
Cal é o obxecto destas axudas?
Axudas para consolidar, estruturar e especializar as unidades de investigación máis competitivas do Sistema galego de I+D+i mediante as seguintes modalidades:
- Modalidade A: Grupos de referencia competitiva (GRC). Axudas para a consolidación de grupos de investigación das entidades solicitantes que pola súa produción científica e a súa actividade de I+D constitúan unha referencia no Sistema galego de I+D+i.
- Modalidade B: Grupos con potencial de crecemento (GPC). Axudas para a consolidación de grupos de investigación das entidades solicitantes que pola súa produción científica e a súa actividade de I+D amosan potencial de crecemento ata converterse en grupos de referencia do sistema de I+D+i galego.
Quen pode solicitar estas axudas?
As universidades do Sistema universitario de Galicia que presentarán a súa solicitude ante a Secretaría Xeral de Universidades da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
Os organismos públicos de investigación de Galicia, ás fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Profesor Novoa Santos, Fundación Biomédica Galicia Sur), os centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) e o IEO (Instituto Español de Oceanografía) radicados en Galicia que presentarán a súa solicitude ante a Gain.
Tipo e intensidade da axuda
Tipo de convocatoria: convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.
Tipo de axuda: axuda a fondo perdido.
Intensidade da axuda: 100 %.
Orzamento total: 10.450.000 euros (o orzamento da Secretaría Xeral de Universidades será de 8.700.000 euros e o da Gain será de 1.750.000 euros).
Importe das axudas
O importe máximo das axudas concedidas é o seguinte:
- Modalidade A (GRC).
As axudas terán unha duración máxima de 4 anos. O importe total de cada unha das axudas virá determinado por un módulo estrutural composto dun fixo de 25.000 € máis un variable máximo de 25.000 € tendo en conta os ingresos medios do grupo, e un módulo variable anual, dun máximo de 50.000 € (20.000, 30.000, 50.000 €), acumulable o anterior, en función dos ingresos anuais medios do grupo nos período comprendido desde o 1 de xaneiro de 2016 ata o 31 de decembro de 2018.
- Modalidade B (GPC).
As axudas serán de aplicación por un período de 3 anualidades, mediante o pagamento dunha contía máxima de 20.000 € na primeira e de 35.000 € na segunda e terceira.
A onde acudir?
Para solicitudes presentadas por universidades do SUG:
Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
Secretaría Xeral de Universidades
Subdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica
Servizo de Planificación e Estruturación da Investigación
San Caetano, s/n 15781Santiago de Compostela
Teléfono: 881999541 / 881995156
Email: promocioncientifica.educacion@xunta.gal
Para as demais entidades solicitantes indicadas (alleas ao SUG):
Consellería de Economía, Emprego e Industria
Axencia Galega De Innovación
Praza de Europa (Área Central), 10A, 6º andar
15707 Santiago de Compostela
Teléfono: 981541096
Email: axudas.gain@xunta.gal
Información web: http://gain.xunta.gal
Orde do 31 de decembro de 2018 (DOG) Extracto da Orde do 31 de decembro de 2018 (DOG) MODELO MEMORIA SOLICITUDE GPC 2019 MODELO MEMORIA SOLICITUDE GRC 2019 MODELO CERTIFICADO UNIVERSIDADE GPC 2019 MODELO CERTIFICADO UNIVERSIDADE GRC 2019 Listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas, grupos de referencia competitiva (GRC) Listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas, grupos de potencial crecemento (GPC) Listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas nas modalidades de GRC e GPC Concesión das axudas Resolución do 14 de xuño de 2019: Concesión das axudas (DOG) Modificación Orde consolidación Resultado avaliación final GPC 2019 Resultado avaliación final GRC 2019