Aviso para o profesorado que desexe solicitar comisións de servizos por motivos de saúde e sobre conciliación da vida familiar e laboral (2011)

Ven, 03/06/2011 - 10:47

Avísase a todo o profesorado do corpo de mestres que teña participado no concurso de traslados que a aplicación informática www.edu.xunta.gal/cadp está xa aberta para solicitar comisión de servizos por motivos de saúde e sobre conciliación da vida familiar e laboral, para os que desexen facer solicitude. O prazo de presentación de instancias é de 15 días naturais.

Para os participantes no concurso xeral de traslados dos corpos restantes de profesorado, o prazo é de 15 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación da resolución do concurso no DOG.

Teléfonos de información: no servizo de Primaria no 981 544 482 e 981 544 488 no servizo de Secundaria no 981 545 255 e 981 545 407.

Correos electrónicos: persoal.primaria@edu.xunta.es ou persoal.secundaria@edu.xunta.es.

A solicitude e petición de centros realizarase a través da aplicación informática www.edu.xunta.gal/cadp  relacionada máis abaixo.

Nota aclaratoria para os solicitantes de comisión de servizos por conciliación da vida familiar e laboral:

  • Comisión tipo 1: un fillo menor de 3 anos
  • Comisión tipo 2: dous fillos menores de 5 anos
  • Comisión tipo 3: tres fillos menores de 10 anos