Uns 32.000 estudantes de ESO e bacharelato cursan materias de libre configuración autonómica en Galicia

Este ano ofertouse por primeira vez Coeducación para o século XXI e Sociedade Inclusiva

Dom, 30/12/2018 - 12:00

Un total de 32.000 alumnas e alumnos están cursando actualmente algunha das 25 materias de Libre Configuración Autonómica que poden ofertar os centros escolares de ESO e Bacharelato de Galicia ao abeiro dos currículos deseñados pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

A Consellería ampliou en dúas materias máis a oferta deste ano con respecto ao curso pasado, polo que pon á disposición dos centros escolares un total de 14 materias distintas con 26.395 matriculados para a etapa de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) e 11 materias e 5.657 matriculados para a etapa de Bacharelato.

Por materias, a máis demandada é a de Oratoria, que cursan 5.787 rapaces de 149 centros; seguida da de Promoción de estilos de vida saudables, con 5.029 matriculados en 142 centros; e Programación, que se imparte en 129 centros con 4.796 matriculados, todas elas para alumnado de 1º e 2º de ESO. Na etapa de Bacharelato, a máis demandada é a de Métodos estatísticos e numéricos (que se imparte en 2º curso) con 2.441 matrículas en 130 centros.

No contexto do deseño de materias específicas de libre elección tanto a nivel autonómico como de centros que permite a LOMCE, a Consellería de Educación puxo en marcha por primeira vez a oferta de Materias de Libre Autonómica no curso 2015/16, daquela con dez materias que acadaron algo máis de 12.000 matriculados. A partires de aí, curso a curso, foi aumentando a oferta deste tipo de materias ata as 25 actuais.

No presente curso escolar a Consellería quixo facer fincapé nun modelo educativo que promova os valores da igualdade, a equidade e a integración desde o sistema educativo. Nesta liña enmárcase a incorporación das materias Coeducación para o século XXI (para Bacharelato) e Sociedade Inclusiva (para ESO), que responden tamén aos obxectivos do I Plan de actuacións para a Igualdade nos centros educativos de Galicia 2016-2020 e ao  o VII Plan Estratéxico para a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes 2017-2020 que ten como unha das súas Areas estratéxicas a " Igualdade na Educación e nos valores" promovendo este cambio de valores, actitudes, roles e estereotipos.

ENSINANZA

MATERIA

Nº CENTROS
 

ALUMNADO MATRICULADO

Bacharelato (2º)

Literatura galega do século XX  e da actualidade

25

285

Bacharelato (2º)

Ética e filosofía do dereito

44

678

Bacharelato (2º)

Filosofía da ciencia e da tecnoloxía

3

40

Bacharelato (2º)

Métodos estatísticos e numéricos

130

2441

Bacharelato (2º)

Electrotecnia

33

300

Bacharelato (2º)

Xeografía e historia de Galicia

23

317

Bacharelato (2º)

Patrimonio artístico e cultural de Galicia

17

218

Bacharelato (1º)

Robótica

42

486

Bacharelato (1º)

Antropoloxía

55

764

Bacharelato (1º)

Literaturas hispánicas

7

103

Bacharelato (1º)

Coeducación para o século XXI (nova 18/19)

3

25

 

 

 

 

ESO 1º/2º

Programación

129

4796

ESO 1º/2º

Oratoria

149

5787

ESO 1º/2º

Educación financeira

30

684

ESO 1º/2º

Paisaxe e sustentabilidade

37

1316

ESO 1º/2º

Xadrez

49

1402

ESO 1º/2º

Igualdade de xénero

43

1013

ESO 1º/2º

Investigación e tratamento da información

108

3832

ESO 1º/2º

Promoción de estilos de vida saudables

142

5029

ESO 1º

Obradoiro musical

83

2052

ESO 1º/2º

Identidade dixital

4

151

ESO 1º/2º

Consumo responsable

2

69

ESO 1º/2º

Valores democráticos europeos

5

163

ESO 1º/2º

Mobilidade escolar sostible e segura

1

47

ESO 1º/2º

Sociedade inclusiva (nova 18/19)

2

54

 

 

Total alumnado

32052