Título node Learning object

A Editorial Galaxia arranca a colección Feminismos
Lun, 10/12/2018 - 11:07
portadas

A Editorial Galaxia inaugura a colección feminismos con tres títulos imprescindibles:

 

Chis Oliveira / Amada Traba (2018): ám@me.
Aborda a necesidade de reflexionar arredor das relacións amorosas e a aprendizaxe do amor. Porque a amar apréndese. Mais cómpre tamén desaprender os modelos nocivos baseados nos mitos románticos, unha sexualidade condicionada pola pornografía e, en definitiva, polos modelos esmagadores do patriarcado, elementos todos aos que está exposta a nosa mocidade sen que poidan facer moito por evitalo. (Fonte: http://editorialgalaxia.gal/galaxia-bota-andar-coleccion-feminismos/)

Carme Adán (2018): Feminicicio. Unha nova orde patriarcal en tempos de submisión.
É un ensaio que coloca sobre a mesa as palabras exactas para describir a situación de violencia que o patriarcado exerce sobre as mulleres, sobre os seus corpos. Falar de feminicidio é agora máis importante ca nunca, tomar conciencia do que iso significa. (Fonte: http://editorialgalaxia.gal/galaxia-bota-andar-coleccion-feminismos/)

Inma López Silva (2018): Chámame señora, pero trátame coma a un señor.
Relato biográfico que resultará incómodo para moitos, e onde se abordan a perda da inocencia e a ruptura con certos silencios, ao tempo que se leva a cabo un balance sobre a carreira dunha escritora con máis de vinte anos publicando ás costas. (Fonte: http://editorialgalaxia.gal/galaxia-bota-andar-coleccion-feminismos/)