Título node Learning object
Constitúese Xornalistas Galegas
Ven, 09/11/2018 - 13:25
As profesionais do ámbito da comunicación están a constituír unha asociación de promoción do feminismo nos medios galegos. Esta asociación xunta 200 mulleres procedentes dos distintos sectores que abarca o ámbito da comunicación. No acto de presentación participarán as profesoras Margarita Ledo (USC) e Rosa Cobo (UDC).
Data: sábado 10 de novembro de 2018
Hora: 11.00
Lugar: Facultade de Xornalismo (Campus Norte da USC). Santiago de Compostela
Entrada: libre
Pódese seguir a actividade de @asxornalistas no Twitter.