Un total de 159 centros públicos de primaria disporán este curso de kits de robótica

A Consellería de Educación incorpora este curso 50 novos colexios a este programa e amplíao en 109 dos xa participantes

Mar, 06/11/2018 - 10:22

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional acaba de publicar a resolución definitiva dos centros que se incorporan neste curso 2018/19 ao programa de innovación Introdución á robótica educativa en primaria, un total de 50, o que supón que en Galicia dispoñen xa destes kits de robótica subministrados pola Xunta un total de 159 colexios públicos. Deles, 77 renovan ou continúan o proxecto do curso anterior e 32 participarán cun ampliado do ano pasado (isto é, recibirán unha nova dotación de robots e complementos de construción), ao abeiro desta última resolución publicada, que se pode consultar no enlace http://www.edu.xunta.gal/portal/node/26343 .

En concreto a dotación que recibirán os centros – tanto os de nova incorporación como os que amplían recursos– consiste en 6 robots Mbot (modelo básico) e kit de construción compatible de Lego, ademais dos manuais de uso e guía didáctica.  Os destinatarios destes materiais son alumnos de 4º, 5º e 6 de Primaria.

Os centros de nova incorporación poden consultarse na seguinte táboa:

Nome do centro

Concello

Provincia

CEIP Fogar

Carballo

A Coruña

CEIP Nicolás del Río

Cedeira

A Coruña

CPI Plurilingüe O Cruce

Cerceda

A Coruña

CEE Nosa Señora do Rosario

A Coruña

A Coruña

CEIP Santiago Apóstolo

Mugardos

A Coruña

CEIP Unión Mugardesa

Mugardos

A Coruña

CEIP de Mesón do Vento

Ordes

A Coruña

CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao

Ordes

A Coruña

CEIP Eduardo Pondal

Ponteceso

A Coruña

CEIP Ramón Cabanillas

Santiago de Compostela

A Coruña

CPI de Viaño Pequeno

Trazo

A Coruña

CEIP A Laxe

Ferrol

A Coruña

CEIP Pío XII

Santiago de Compostela

A Coruña

CPI Dr. López Suárez 

Friol

Lugo

CPI Ramón Piñeiro

Láncara

Lugo

CEIP Plurilingüe San Miguel

Paradela

Lugo

CPI Dr. López Suárez 

O Saviñao

Lugo

CPI Tino Grandío

Guntín

Lugo

CEIP Plurilingüe dos Blancos

Os Blancos

Ourense

CEIP Plurilingüe Curros Enríquez

Celanova

Ourense

CEIP Rosalía de Castro

Xinzo de Limia

Ourense

CEIP de Maceda

Maceda

Ourense

CEIP Manuel Luís Acuña

Ourense

Ourense

CEIP Plurilingüe de Seixalbo

Ourense

Ourense

CEIP Santa María A Real

Entrimo

Ourense

CEIP Plurilingüe Enrique Barreiro Piñeiro

Cambados

Pontevedra

CEIP Pedro Antonio Cerviño

Campo Lameiro

Pontevedra

CEIP Nazaret

Cangas

Pontevedra

CEIP Xoaquín Loriga

Lalín

Pontevedra

CEIP de Vilaverde-Mourente

Pontevedra

Pontevedra

CEIP Plurilingüe Outeiro das Penas 

Redondela

Pontevedra

CEP Santa Mariña

Redondela

Pontevedra

CEP Altamira

Salceda de Caselas

Pontevedra

CEIP Plurilingüe Infante Felipe de Borbón 

Salvaterra de Miño

Pontevedra

CEIP Plurilingüe de Tebra

Tomiño

Pontevedra

CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao

Vigo

Pontevedra

CEIP Plurilingüe Paraixal

Vigo

Pontevedra

CEIP Nosa Señora da Piedade

Vila de Cruces

Pontevedra

CEIP de Sestelo-Baión

Vilanova de Arousa

Pontevedra

CEIP de Conmeniño

O Grove

Pontevedra

CEIP Varela Buxán

Lalín

Pontevedra

CEIP San Tomé

Cambados

Pontevedra

CEIP de Lourido

Poio

Pontevedra

CEIP García Barbón 

Vigo

Pontevedra

CEIP San Clemente de Cesar

Caldas de Reis

Pontevedra

CEIP de Espedregada

Poio

Pontevedra

CEIP Seis do Nadal

Vigo

Pontevedra

CEIP da Cruz

Nigrán

Pontevedra

CEIP A Rúa

Cangas

Pontevedra

CEIP A Guía

Moaña

Pontevedra

 

Introdución á robótica educativa en primaria ten como obxectivo facilitar que o alumnado adquira, a maiores de coñecementos curriculares, competencias clave para o seu pleno desenvolvemento persoal e social, a  través dunha metodoloxía activa que contribúe ademais a fortalecer o avance dos escolares nas áreas de Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas (STEM). O programa enmárcase na Estratexia Galega de Educación Dixital, Edudixital 2020, impulsada pola Consellería, a través da cal se busca lograr que todo o alumnado de ensino obrigatorio teña formación en robótica e programación no curso 2020/21 co fin de que, ao finalizar os estudos, acade un nivel adecuado de competencia dixital e científico-tecnolóxica.

Cómpre lembrar neste sentido que, a maiores desta acción para os centros de primaria, a Consellería dotou a todos os centros que imparten ESO dun kit de robótica educativa (formada por 6 robots MBot modelo Ranger), un de microcontrol e programación (4 arduinos UNO con de sensores e actuadores e 2 Raspberry PI 3) e outro de impresión 3D (impresora Leon3D con set de consumibles). Ademais, para tirar un mellor aproveitamento destes recursos a Consellería de Educación oferta dúas materias de libre configuración autonómica que son específicas deste eido, Programación (en ESO) e Robótica (en Bacharelato).