Título node Learning object
4.1. USO DA PALABRA
No ámbito da comunicación é importante traballar a distribución dos tempos de uso da palabra e o exercicio da comunicación non-violenta. O autor clásico no que se basea a teoría da comunicación non-violenta é o psicólogo Marshall Rosenberg. A comunicación non-violenta considérase unha estratexia de primeira magnitude para lograr a resolución pacífica de conflitos entre homes e mulleres. A aplicación da perspectiva de xénero nos aspectos relacionados coa comunicación favorecerán a implantación de fórmulas que aposten pola empatía e a resolución dialogada dos conflitos co fin de conseguir unha mellor convivencia.
PUBLICACIÓNS
- Marshall Rosenberg (2006). Comunicación no violenta: un lenguaje de vida. Ed. Gran Aldea Editores.
- Noemí Basanta Llanes (2015): "Igualdade de xénero e didáctica das linguas. Aproximación ás tarefas comunicativas desde a lingüística sociodiscursiva". Revista Galega de Filoloxía, 16, 11-4.
- Revista Comunicación y Género. Descargable na rede.
VÍDEOS
- Vídeos do encontro As mulleres que opinan son perigosas (2 e 3 de marzo de 2017). Encontro de debate con mulleres xornalistas que exercen a súa profesión como columnistas nun contexto fortemente masculinizado. Organiza: Escola de Igualdade María Vinyals / Deputación de Pontevedra.
4.2. XESTIÓN DO PATIO DE XOGO E DOUTROS ESPAZOS COMÚNS
Unha boa parte dos esforzos en coeducación céntranse en reconsiderar o usos tradicionais dos espazos comúns dos centros desde unha perspectiva de xénero. Na actualidade realízanse desde os centros numerosas iniciativas para conseguir patios máis dinámicos que poderían incorporar a perspectiva de xénero para conseguir que ademais de dinámicos sexan espazos igualitarios onde nenos e nenas poidan facer un uso equilibrado dos espazos:
Pódese consultar unha listaxe completa dos recursos máis interesantes nesta ligazón.
4.3. COIDADO DOS ESPAZOS
4.4. XOGO, XOGUETE E VIDEOXOGO NON SEXISTAS; XOGO SIMBÓLICO
4.5. ACTIVIDADE DEPORTIVA