Título node Learning object

Publícase o estudo de usos do tempo do Concello de Santiago
Xov, 04/10/2018 - 14:00
logo do Concello

O Concello de Santiago de Compostela acaba de publicar "Estudo diagnóstico sobre os horarios e os usos do tempo en Compostela: Enquisa de continuidade 2017", realizado pola consultora Retnova. O documento, que se presenta en versión completa e reducida, pon o foco nas fendas de xénero que se rexistran no emprego do tempo persoal, que repercute directamente na calidade de vida. Estes datos botan nova luz sobre os datos obtidos nun estudo diagnóstico anterior de 2009.

Pódense consultar os resultados deste estudo nesta ligazón. Pódense consultar outros documentos de interese sobre as condicións de vida das mulleres no concello na seguinte ligazón.