Título node Learning object
Segundo recolle o Plan de Formación do Profesorado 2018-2019, calquera docente que estea a gozar ou gozase nos últimos dous anos dunha licenza de maternidade, dun permiso de paternidade, dunha redución de xornada ou dunha excedencia para o coidado de familiares terá un dereito preferente para participar nas actividades formativas organizadas pola Administración pública galega.
É importante ter en conta que para exercer este dereito o/a docente deberá inscribirse na actividade e remitirlle á persoa asesora responsable desta un correo electrónico no que se indique a seguinte información: a) período en que se exerceu o dito permiso ou licenza; b) a vontade de exercer este dereito preferente.
Con esta medida dáselle cumprimento ao artigo 93 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade.
Para obter máis información sobre as condicións do permiso, pódese consultar o documento do Plan (páx. 10) no portal educativo.