Preto de 147.500 estudantes de ESO, bacharelato e de ensinanzas de réxime especial comezarán o curso 2018/19 o vindeiro luns
A matriculación increméntase tan só nun 0,2 %, á espera dos datos definitivos
A estes datos aínda habería que sumar o alumnado da FP, ensinanzas nas que a matrícula aínda non se pechou
Un total de 147.439 estudantes comezarán o vindeiro luns, 17 de setembro, as clases na educación secundaria obrigatoria (ESO), bacharelato, e ensinanzas de réxime especial (ensinanzas para adultos, artísticas e deportivas), segundo os datos provisionais recompilados polos servizos estatísticos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Cómpre lembrar que as cifras de matriculación non serán definitivas ata dentro dunhas semanas, dado que aínda nos últimos días se realizaron exames de recuperación en secundaria. De feito, neste total tampouco se contempla o alumnado de FP, ensinanzas nas que aínda é posible matricularse.
ESO
Segundo as estimacións e datos provisionais da Xunta de Galicia, 92.285 alumnos e alumnas comezarán o curso en ESO, o que supón un 1,2 % máis ca no curso 2017/18.
Por tipo de centros e por provincias queda do seguinte modo:
|
Centros públicos |
Centros privados concertados |
Centros privados non concertados |
A Coruña |
27.634 alumnos |
9726 alumnos |
989 alumnos |
Lugo |
6972 alumnos |
1968 alumnos |
261 alumnos |
Ourense |
5470 alumnos |
3056 alumnos |
220 alumnos |
Pontevedra |
24.370 alumnos |
10.678 alumnos |
941 alumnos |
Total |
64.446 alumnos |
25.428 alumnos |
2411 alumnos |
Nesta etapa educativa o alumnado non nacionalizado español diminuíu un 8,7 % respecto do curso anterior:
|
2017/18 |
2018/19 |
A Coruña |
1109 alumnos |
975 alumnos |
Lugo |
497 alumnos |
525 alumnos |
Ourense |
364 alumnos |
333 alumnos |
Pontevedra |
1026 alumnos |
900 alumnos |
Total |
2996 alumnos |
2733 alumnos |
Bacharelato ordinario
Por outra banda os mesmos datos provisionais que manexa a Consellería, indican que 30.494 alumnos e alumnas comezarán o luns as clases de bacharelato ordinario en Galicia, o que supón un 0,9 % menos ca no curso 2017/18.
|
Centros públicos |
Centros privados non concertados |
A Coruña |
10.433 alumnos |
2615 alumnos |
Lugo |
2817 alumnos |
291 alumnos |
Ourense |
2256 alumnos |
561 alumnos |
Pontevedra |
9643 alumnos |
1878 alumnos |
Total |
25.149 alumnos |
5345 alumnos |
No caso do bacharelato ordinario o número de alumnos e alumnas sen nacionalidade española a diferenza respecto do ano paso é dun 2,8 % estudantes máis:
|
2017/18 |
2018/19 |
A Coruña |
238 alumnos |
255 alumnos |
Lugo |
92 alumnos |
94 alumnos |
Ourense |
74 alumnos |
48 alumnos |
Pontevedra |
201 alumnos |
225 alumnos |
Total |
605 alumnos |
622 alumnos |
Ensinanzas de réxime especial
No que atinxe ás ensinanzas de réxime especial, en concreto no referido ás básicas, de secundaria e bacharelato para adultos e ao bacharelato semipresencial ou a distancia, segundo os datos provisionais o descenso do alumnado, ata os 12.877 estudantes, é do 6,7 % respecto do curso 2017/18.
A distribución por provincias e ensinanzas no 2018/19 é a seguinte:
|
A Coruña |
Lugo |
Ourense |
Pontevedra |
Total |
Ensinanzas básicas nivel I |
204 alumnos |
225 alumnos |
33 alumnos |
226 alumnos |
688 alumnos |
Ensinanzas básicas nivel II |
254 alumnos |
49 alumnos |
45 alumnos |
196 alumnos |
544 alumnos |
Ed. Secundaria adultos niveis I e II |
1928 alumnos |
516 alumnos |
568 alumnos |
2018 alumnos |
5030 alumnos |
Bacharelato presencial |
603 alumnos |
69 alumnos |
133 alumnos |
457 alumnos |
1262 alumnos |
Bacharelato semipresencial/distancia |
1690 alumnos |
419 alumnos |
264 alumnos |
651 alumnos |
3024 alumnos |
Ensinanzas non regradas |
313 alumnos |
385 alumnos |
531 alumnos |
1100 alumnos |
2329 alumnos |
Pola súa banda, o número total de estudantes nas ensinanzas artísticas e deportivas acada este curso os 11.783, un 3% máis ca no curso anterior. En concreto, nas ensinanzas regradas de música, segundo as estimacións da Consellería, o número de alumnos será de 8840, un 2,1 % máis ca no ano académico 2017/18:
|
A Coruña |
Lugo |
Ourense |
Pontevedra |
Total |
Conservatorios de música e Centros autorizados de música |
3594 alumnos |
1201 alumnos |
1021 alumnos |
3024 alumnos |
8840 alumnos |
No caso das ensinanzas regradas de danza o número de matriculados é de 351, un 4,6 % menos ca no curso 2017/18; mentres que nas de arte dramática haberá 164 alumnas e alumnos, un 3% máis ca no ano académico anterior.
Así mesmo o alumnado matriculado en ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño medra un 5,9 % ata chegar aos 730 estudantes. Por outra banda, nos estudos superiores de deseño haberá 760 matriculados, un 5,1% máis ca no curso anterior; mentres que nos estudos superiores de conservación e restauración de bens culturais haberá 82 alumnos, 1 máis ca no 2017/18. No caso das ensinanzas deportivas o incremento de alumnado é do 13%, acadando os 856 alumnos.
Formación Profesional
No caso da Formación Profesional –non incluída nos devanditos 147.439 estudantes- a Consellería está aínda a pechar os datos de matriculación, que serán difundidos en datas próximas. Aínda así, a previsión inicial realizada polo departamento educativo da Xunta de Galicia é que –contando tanto os ciclos formativos en réxime ordinario e modular como a FP a distancia, a FP Dual e a nova FP Básica- o número de alumnas e alumnos sexa de preto de 51.000.
Centros escolares
Os centros (públicos, concertados e privados) que imparten as devanditas ensinanzas quedan distribuídos do seguinte xeito:
|
A Coruña |
Lugo |
Ourense |
Pontevedra |
Galicia |
Educa. Primaria e Secundaria (1) |
54 |
26 |
21 |
65 |
166 |
C. de ESO |
18 |
2 |
2 |
16 |
38 |
C. de ESO e ensinanzas postobrigatorias |
82 |
35 |
25 |
71 |
213 |
C. de ensinanzas postobrigatorias |
46 |
12 |
12 |
31 |
101 |
C. de primaria, ESO e ensinanzas postobrigatorias (1) |
32 |
3 |
7 |
26 |
68 |
C. de adultos (2) |
|
1 |
1 |
2 |
4 |
TOTAIS |
232 |
79 |
68 |
211 |
590 |
- Inclúense os centros que imparten tamén o segundo ciclo de educación infantil.
- Inclúense nesta categoría os centros que imparten exclusivamente ensinanzas de adultos