Listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas das axudas para a mellora, creación, recoñecemento e estruturación de agrupacións estratéxicas do SUG para o exercicio 2018
Xúntase a Listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas das axudas para a mellora, creación, recoñecemento e estruturación de agrupacións estratéxicas do SUG para o exercicio 2018.
En relación coas solicitudes de axudas para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a mellora, creación, recoñecemento e estruturación de agrupacións estratéxicas do Sistema universitario de Galicia, convocadas pola Orde do 4 de xullo de 2018 (DOG Nº 134, do 13 de xullo de 2018), a Secretaría Xeral de Universidades, de acordo co artigo 9 da citada Orde, publica a lista provisional de solicitudes admitidas e excluídas mediante este anuncio na páxina Web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (http://www.edu.xunta.gal) e require as entidades solicitantes, para que nun prazo de dez días naturais (é dicir, do 11 ao 20 de setembro de 2018, ambos incluídos), formulen reclamacións para emendar erros e falta de documentos das persoas interesadas ante a Secretaría Xeral de Universidades, e acheguen a documentación necesaria.
Unha vez transcorrido este prazo sen que se emenden as causas de exclusión, considerarase que a entidade solicitante desiste da súa petición nos termos establecidos no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e logo da correspondente resolución arquivarase o seu expediente sen máis.
Orde do 4 de xullo de 2018 (DOG)
Extracto da Orde do 4 de xullo de 2018 (DOG)
Modelo formulario solicitude Agrupacións 2018 para a modalidade A
Modelo formulario solicitude Agrupacións 2018 para a modalidade B
Listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas de Agrupacións Estratéxicas
Listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas de Agrupacións Estratéxicas
Orde do 9 de outubro de 2018 pola que se modifica a Orde do 4 de xullo de 2018 (DOG)
Resolución do 24 de outubro de 2018: Concesión das axudas (DOG)
Corrección de erros da Resolución do 24 de outubro de 2018 (DOG)
Panel avaliador da convocatoria
Instrución 5/2020 para a avaliación do rendemento das agrupacións estratéxicas
Guía para a elaboración da memoria de avaliación final das agrupacións estratéxicas