Título node Learning object
A Escola Galega de Administración Pública convoca unha xornada formativa co título "Xustiza e dereito en igualdade". As persoas destinatarias desta formación son as seguintes: persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, das administracións públicas de Galicia, tanto de xustiza como autonómica e local, dos entes instrumentais da comunidade autónoma, das universidades do Sistema universitario de Galicia, profesionais do dereito e persoas interesadas en xeral. Nesta xornada trataranse, entre outros, os seguintes temas:
• Balance e retos da igualdade: o seu enfoque xurídico.
• Xurisprudencia en materia de igualdade.
• A muller na xustiza.
• Linguaxe inclusiva.
Lugar: EGAP (Santiago de Compostela)
Data: 3 de outubro de 2018
Horario: xornada de mañá e tarde
Duración: 6 h
Inscrición: https://egap.xunta.gal/matricula
Pódese consultar a formación que ofrece a EGAP na seguinte ligazón. Para acceder á area de matrícula cómpre darse de alta.