Título node Learning object
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicou hoxe no DOG o currículo da materia "Coeducación para o Século XXI". Esta materia de libre configuración autónomica é de libre oferta oferta por parte dos centros para a súa impartición en 1º de bacharelato e ten unha carga horaria de 2 h semanais. Pódese consultar o texto do currículo na seguinte ligazón:
Trátase da primeira materia específica que se imparte en bacharelato en todo o Estado español para abordar especificamente a igualdade.
Coa publicación desta materia dáse cumprimento á medida 18 do I Plan de actuacións para a igualdade nos centros educativos de Galicia 2016-2020: "Ofertar unha materia de libre configuración autonómica para abordar a perspectiva de xénero na ESO e iniciar a análise para a súa inclusión na etapa de bacharelato".