Título node Learning object
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicou o currículo do ciclo de Promoción de Igualdade de Xénero. Pódese consultar o texto completo na seguinte disposición normativa.
DECRETO 80/2018, do 21 de xuño, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en Promoción de Igualdade de Xénero. (DOG do 13 de agosto)
As persoas que queiran cursar este ciclo para ser técnicos ou técnicas superiores de igualdade poden consultar na páxina web de FP as características do ciclo e mais os centros públicos en que se oferta.
Cómpre ter en conta que, segundo se recolle no Decreto 70/2017, do 13 de xullo, polo que se regula a formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, a titulación de Promoción de Igualdade de Xénero supón a acreditación do nivel superior de competencia establecida pola Administración autonómica.