Convócanse prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para cursar estudos de ensinanzas postobrigatorias non universitarias no próximo curso académico 2011/2012

Xov, 12/05/2011 - 10:53

Xúntase a Orde do 29 de abril de 2011 pola que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para cursar estudos de ensinanzas postobrigatorias non universitarias no próximo curso académico 2011-2012.

Prazo de presentación de solicitudes:

  • Dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia. Establécese un período extraordinario na primeira quincena do mes de setembro para a presentación de solicitudes destinado ás ensinanzas autorizadas pola Administración educativa con posterioridade á publicación desta orde, así como para os ciclos formativos, e extraordinariamente no curso académico 2011/2012 para bacharelato.