Listaxe provisional de admitidos e excluídos, modalidade de proxectos de excelenciadas, das axudas para consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e de fomento nas universidades do SUG para o 2018

Ven, 27/07/2018 - 12:12

En relación coas solicitudes de axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema Galego de I+D+i para o ano 2018, convocadas pola Orde do 23 de maio de 2018 (DOG Nº 106 do 5 de xuño), modalidade de Proxectos de excelencia , a Secretaría Xeral de Universidades e a GAIN, de acordo co artigo 8 da citada Orde, publican a lista de solicitudes admitidas e excluídas provisionalmente e requiren as entidades solicitantes, mediante este anuncio na páxina Web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (http:// www.edu.xunta.gal) e na páxina da GAIN (http://gain.xunta.gal) para que, nun prazo de dez días naturais (é dicir, do 28 de xullo ao 6 de agosto de 2018, ambos incluídos), formulen reclamacións para emendar erros e a falta de documentos das persoas interesadas ante a Secretaría Xeral de Universidades, no caso das solicitudes presentadas polas universidades do SUG, ou ante a dirección da GAIN nos demais casos, e achegarán a documentación necesaria.

Unha vez transcorrido este prazo sen que se emenden as causas de exclusión, considerarase que a entidade solicitante desiste da súa petición nos termos establecidos no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e logo da correspondente resolución arquivarase o seu expediente sen máis.