Listaxe provisional das axudas para a realización de actividades formativas STEM en lingua inglesa, STEMweek, no ano 2018 destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos

Mar, 24/07/2018 - 15:51

Listaxe provisional das axudas para a realización de actividades formativas STEM en lingua inglesa, STEMweek, no ano 2018 destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos

De acordo co establecido no artigo 15.2 ábrese un prazo de 10 días naturais para emendar os erros e a falta de documentación, así como para efectuar reclamacións ou renuncias. A falta de presentación requirida e non achegada en prazo dará lugar á exclusión da convocatoria.

A documentación requirida deberá entregarse de acordo co previsto no artigo 5 e, para maior axilidade, solicítase a súa remisión por correo electrónico ao enderezo stemweek@edu.xunta.es.

Para máis información:  stemweek@edu.xunta.es    881997494