Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior. Cualificacións definitivas. Convocatoria 2018

Ven, 01/06/2018 - 09:15
Publicada a listaxe definitiva das cualificacións das probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior.

A partir do día 4 de xuño poderanse solicitar os certificados da proba de acceso en calquera dos centros de inscrición (centros docentes públicos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que impartan ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2017-2018).